Un avogado coruñés négase a traducir ao castelán os escritos dun concurso de acredores

A empresa solicitante da tradución ao castelán é ADECCO, unha mercantil implantada en Galicia, e que segundo o avogado Pérez Lema non debería ter maior problema en comprender o idioma galego.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2018 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

O avogado coruñés Xoán Antón Pérez-Lema vén de rexeitar as pretensións da empresa ADECCO OUTSOURCING SAU de traducir todos os escritos ao castelán alegando que, de aceptar este requerimento, “estaríase baleirando a cooficialidade lingüística e os dereitos lingüísticos de avogados, procuradores, partes, testemuñas e peritos”. Este trátase dun procedemento concursal no que o avogado coruñés defende á empresa concursada, sendo  ADECCO OUTSOURCING unha das acredoras. 

Xulgados De Santiago, En Fontiñas
Xulgados De Santiago, En Fontiñas

Así, o avogado Pérez-Lema presentou un escrito con catro alegacións nas fai referencia ao artigo 5.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia, no que se recolle o dereito dos galegos e galegas a coñecer e usar o idioma galego "en todos os ámbitos da vida, incluída a Administración de Xustiza, como é o caso".

Ademais, na terceira alegación destácase o feito de que a empresa solicitante da tradución ao castelán é unha mercantil implantada en Galicia, con representación procesual da Coruña e que non debería ter maior problema en comprender o idioma galego: "a empresa conta con total capacidade para seleccionar a persoal con coñecemento da lingua galega".

"É máis, a demanda incidental da que solicita tradución a contraparte é un escrito pouco

complexo baseado en expresións fácticas sinxelas. O resto de escritos deste concurso

son de mero trámite e de doada comprensión", prosegue o escrito presentado ao Xulgado Mercantil nº2 de A Coruña. 

En definitiva, o documento asinado polo avogado coruñés conclúe que, dado que o galego é a lingua propia de Galicia e un dos idiomas oficiais no estado español, négase "en rotundo" a presentar traducidos ao castelán os escritos deste concurso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

7 Pepedolemes

Parabéns Xoán, así seguiremos sendo dignos dun lingua e do seu futuro

6 Conxita

Flipante pero vas o Rexistro Civil e non teñen os modelos en galego. E os/as secretarios/as xudiciais obstinanse en facelo en castelan. Para que falar dos notarios?

5 anonimo7024

La afirmación del señor Pérez-Lema es infantil: la empresa Addeco Outsourcing SAU solicita la documentación en gallego por fastidiar. Y es que todo el personal de esta empresa domina la lengua gallega; el hecho de que su sede social esté sita en Pozuelo de Alarcón (provincia de Madrid) debe ser irrelevante para el señor Pérez-Lema. Si yo fuese uno de los representados por el señor Pérez-Lema estaría preocupado. ¿Cuál es su prioridad? ¿Su activismo político o los intereses de sus representados?

1 tinlo

supremacista espanholo e antigalego de garda....

2 anonimo7024

Sus argumentos me han dejado anonadado.

3 Norteño limpador

Hispanoguarro sen patera enlixando este nobre medio rebuznando nese bastardo subsubdialecto condal de merdentos fedores arabizantes, oink oink. Because Hispain is Afrika

4 Pepelui

Se non entenden galego deberian abandonar un territorio inhospito para un madrileño, onde a vida non e' posible

5 Pepelui

Se non entenden galego deberian abandonar un territorio inhospito para un madrileño, onde a vida non e' posible

6 MSG

Que unha empresa descoñeza o idioma oficial e propio do país onde está desenvolvendo a súa actividade económica dí moito (e mal) da súa profesionalidade. Eu estaría encantado de que me reprentase o señor Pérez Lema, que demostra ser un excelente avogado, competente e meticuloso.

4 Un casi galego

Menos mal que queda xente así. O meu aplauso

3 XESUS GONZALEZ DOMINGUEZ.

Moi razoable este Avogado no seu actúsr; pero a maiores do por el argumentado, a inclita parte tería q demostrar cos medios de proba pertinentes, q "realmente" descoñece o galego. Son ghanas de líar o palangre. De seguro q en Catalunya non ousaría esta valente ación.