Un avogado coruñés négase a traducir ao castelán os escritos dun concurso de acredores

A empresa solicitante da tradución ao castelán é ADECCO, unha mercantil implantada en Galicia, e que segundo o avogado Pérez Lema non debería ter maior problema en comprender o idioma galego.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2018 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

O avogado coruñés Xoán Antón Pérez-Lema vén de rexeitar as pretensións da empresa ADECCO OUTSOURCING SAU de traducir todos os escritos ao castelán alegando que, de aceptar este requerimento, “estaríase baleirando a cooficialidade lingüística e os dereitos lingüísticos de avogados, procuradores, partes, testemuñas e peritos”. Este trátase dun procedemento concursal no que o avogado coruñés defende á empresa concursada, sendo  ADECCO OUTSOURCING unha das acredoras. 

Xulgados De Santiago, En Fontiñas
Xulgados De Santiago, En Fontiñas

Así, o avogado Pérez-Lema presentou un escrito con catro alegacións nas fai referencia ao artigo 5.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia, no que se recolle o dereito dos galegos e galegas a coñecer e usar o idioma galego "en todos os ámbitos da vida, incluída a Administración de Xustiza, como é o caso".

Ademais, na terceira alegación destácase o feito de que a empresa solicitante da tradución ao castelán é unha mercantil implantada en Galicia, con representación procesual da Coruña e que non debería ter maior problema en comprender o idioma galego: "a empresa conta con total capacidade para seleccionar a persoal con coñecemento da lingua galega".

"É máis, a demanda incidental da que solicita tradución a contraparte é un escrito pouco

complexo baseado en expresións fácticas sinxelas. O resto de escritos deste concurso

son de mero trámite e de doada comprensión", prosegue o escrito presentado ao Xulgado Mercantil nº2 de A Coruña. 

En definitiva, o documento asinado polo avogado coruñés conclúe que, dado que o galego é a lingua propia de Galicia e un dos idiomas oficiais no estado español, négase "en rotundo" a presentar traducidos ao castelán os escritos deste concurso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

2 eusi

Bravo!

1 Leike

Ser constantes na utilización e defensa da nosa lingua é o único xeito de que sobreviva. E de que Galiza se manteña. O declive do país é paralelo á súa perda de conciencia.