Facendo teatro e improvisación para a diversidade

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade organiza en Lugo dúas sesións de improvisación teatral na rúa. A primeira será o 12 de xullo na Praza Maior e a segunda o 27 de xullo no Vello Cárcere.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/07/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Persoas usuarias e profesionais da Confederación Galega de Persoas con
Discapacidade
 en Lugo - na rúa da Luz -, saen á rúa para presentar IMPROVabilidades, un taller de improvisación teatral no que estiveron a traballar 25 persoas usuarias do centro nos últimos meses.

Teatro na presentación da Festa da Arribada de Baiona
Teatro na presentación da Festa da Arribada de Baiona | Fonte: M.V.

No marco deste proxecto, impartido durante estes últimos 10 meses polas voluntarias Kallirroi Gentilini e Georgia Ormyliotou, a confederación realizará dúas clases de teatro de improvisación na rúa á que están convidadas todas as persoas que queiran sumarse á actividade. Estas dúas voluntarias implicadas na actividade están inmersas no Servizo de Voluntariado Europeo dentro do programa Erasmus+ no que participa a entidade.

A primeira das clases terá lugar o día 12 de xullo na Praza Maior de Lugo, en horario de 11:30 a 12:30 horas. A seguinte sesión realizarase o 27 de xullo no Vello Cárcere en horario de 12:00 a 13:00 horas, onde participarán familiares e diversas organizacións da cidade. Segundo a entidade, o "teatro de improvisación é unha excelente ferramenta para mellorar a comunicación, o traballo en equipo e a autoestima, ademais de resultar unha actividade moi satisfactoria, polo que significa de intercambio e aprendizaxe a presenza do voluntariado europeo que traballa e comparte o día a día coas persoas usuarias do centro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 FinaR

Muy de acuerdo especialmente con la idea de que el teatro es una excelente herramienta para mejorar la comunicación, y que deberíamos rescatar un poco más. Hoy en día la comunicación a pesar de que tenemos muchos más medios se ha hecho más dificultosa, por eso me gustas compartir imágenes con bonitas palabras que incentiven siempre la empatía y la comprensión en las relaciones.