A Coruña homenaxea ao guerrilleiro Manolito Bello no aniversario do seu asasinato

A cidade da Coruña lembra que, tal día coma hoxe en 1946, o guerrilleiro comunista foi executado na Prisión Provincial tras caer prisioneiro nun transcurso de disparos coa Garda Civil.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/07/2018 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

A figura do guerrilleiro comunista segue viva a día de hoxe. Tanto que incluso un colectivo da Xuventude Comunista leva o seu nome. Así, a cidade da Coruña decidiu homenaxear a este militante galego, que residía no barrio de Monelos, a día 11 de xullo. Día no que o Franquismo acababa coa súa vida como fixo con tantos outros.

O guerrilleiro Manolito Bello
O guerrilleiro Manolito Bello | Fonte: CRMHAC.

A homenaxe terá lugar no Cemiterio Municipal de Oza, ás cinco da tarde, e nel participarán: unha persoa representando á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, unha persoa representando ás Xuventudes Comunistas de Galicia, e unha persoa representado ao Partido Comunista de Galicia.

SÍMBOLO DA RESISTENCIA

Manolito Bello foi militante do Partido Comunista de España desde moi novo, participando no seu aparato de propaganda. Pero foi en 1945 cando as autoridades o detiveron,  pola impresión e distribución de material subversivo. Conseguiu saír, en 1946, en liberdade provisoria. E uniuse ao Exército Guerrilleiro de Galicia como responsable do destacamento Lísterda IV Agrupación e pouco despois pasou á partida La Marina, coa que participou en Cambre no atentado contra Manuel Doval Lemat, un coñecido falanxista local.

Participou o 19 de maio no intento de sabotaxe contra un emisor de Radio Nacional de España no que morreu o xornalista de El Ideal Gallego, Arcadio Vilela Gárate. No transcurso do intercambio de disparos coa Garda Civil, Manolito Bello caeu prisioneiro. Torturado na prisión e sometido a consello de guerra, foi condenado ao garrote e finalmente executado na Prisión Provincial da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Vijo

La Coruña non, os comunistas da Coruña e os trincadores de subvencións, homenaxeán a un dos asesinos comunistas que en Galicia non representan a ningúen.