Unanimidade para reclamar ao Estado a recuperación do Pazo de Meirás sen "un novo custo para o pobo"

A proposición aprobada insta á Xunta a "remitir urxentemente" o informe elaborado pola comisión de expertos nomeada pola Consellería de Cultura ao Estado, "coa petición de que se realicen as accións legais" necesarias para recuperar o Pazo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2018 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

Todos os grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia acordaron este mércores urxir á Xunta a que proporcione a documentación necesaria e inste ao Goberno do Estado a que inicie as accións legais para a recuperación pública do Pazo de Meirás, coa vontade expresa de que isto non supoña "un novo custo para o pobo de Galicia".

Pazo de Meirás. EUROPA PRESS - Archivo
Pazo de Meirás. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

O acordo unánime naceu por mor de tres proposicións non de lei presentadas polos grupos de PPdeG, En Marea e BNG neste sentido e que, despois do diálogo entre as formacións, levaron a un único texto consensuado. Na proposición aprobada, o Parlamento recoñece o traballo realizado "desde hai anos" por historiadores, asociacións de memoria histórica, Xunta prol Devolución do Pazo de Meirás e outras institucións na recuperación deste ben patrimonial.

Do mesmo xeito, insta á Xunta a "remitir urxentemente" o informe elaborado pola comisión de expertos nomeada pola Consellería de Cultura ao Estado, "coa petición de que se realicen as accións legais" necesarias para reintegrar o Pazo de Meirás "ao ámbito dos bens de dominio público da Administración Xeral do Estado", como propón este informe.

A maiores, solicita que a Xunta se adhira a esta acción legal en canto sexa exercida e expresa a súa "vontade" de que a recuperación deste ben para o patrimonio público "non implique un novo custo para o pobo de Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta