Por E.P. | VIGO | 11/07/2018 | Actualizada ás 15:55
Un mariñeiro faleceu, outro permanece desaparecido e 25 foron rescatados con vida tras activarse a radiobaliza de emerxencia do buque pesqueiro 'Dorneda', de bandeira española, en augas de Arxentina, concretamente a unhas 300 millas náuticas da cidade de Comodoro Rivadavia.
Segundo informou a Armada Arxentina, cuxo centro coordinador de procura e salvamento asumiu o caso, Madrid deu a alerta sobre as 22,00 horas deste martes pola activación da radiobaliza do buque español. Tras mobilizar diversos medios, dos 27 tripulantes que ían a bordo do pesqueiro, conseguiuse recuperar a 25 con vida e a outro falecido, mentres que aínda hai un mariñeiro desaparecido na área, cuxa procura prosegue.
Ata o lugar do sinistro foron movilizados os pesqueiros "Farruco" e "Beagle I", que foi o que traslado os mariñeiros rescatados a Porto Madryn. Catro horas despois o "Farruco" informou da presenza de dúas balsas e unha lancha na auga, polo que mandaron recuperar as persoas que estaban nas mesmas.
Nos labores de busca están mobilizados estes dous pesqueiros e tamén unha aeronave da Armada Arxentina e outra aeronave da Prefectura Naval Argentina.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.