A CIG denuncia a infección por lexionela dun traballador en Ourense

O representante da CIG Daniel Salgado, remitiu este martes un escrito ao alcalde da cidade, Jesús Vázquez Abad, no que denunciou a existencia dun traballador que se infectou por lexionela "mentres realizaba tarefas de limpeza no spa" do Pavillón de Os Remedios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2018 | Actualizada ás 21:49

Comparte esta noticia

O representante sindical, Daniel Salgado indicou nun documento que o traballador afectado ingresou por urxencia o pasado 26 de xuño e recibiu o alta hospitalaria o 4 de xullo, logo de ser diagnosticado "dunha pneumonía severa como consecuencia da infección".

O alcalde de Ourense,  Xesús Vázquez
O alcalde de Ourense, Xesús Vázquez

O sindicalista da CIG, ante este feito de "especial gravidade dado o perigo dun posible brote", instou ao alcalde a que convoque de maneira urxente o Comité de Seguridade e Saúde e inicie unha investigación "que permita localizar e erradicar os posibles focos de lexionela" do recinto municipal.

Así mesmo, Salgado reflectiu no seu escrito dirixido ao rexedor da urbe galega a necesidade de facer controis médicos "aos demais traballadores que interviñeron nos traballos de limpeza" do spa das instalacións do concello.

UN CONTAXIO "PUNTUAL E ILLADO"

O Consello Municipal de Deportes de Ourense asegurou a través dun comunicado emitido este mércores que o "posible contaxio" foi "puntual e illado" e púidose producir nunha zona "totalmente restrinxida ao público" e á que só poden acceder traballadores de mantemento e limpeza.

Ademais, o servizo do ente municipal sinalou que, "nada máis coñecer o posible caso de lexionela dun traballador do Consello Municipal de Deportes", pedíuselle ao Gabinete de Prevención de Riscos do concello que se acudise as instalacións para "analizar e informar" sobre este feito. Con todo, o Consello Municipal de Deportes subliñou que todas as zonas de uso público do Pavillón de Os Remedios "contan con todas as garantías sanitarias" e que o traballador afectado "respondeu satisfactoriamente o tratamento e está dado de alta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta