Dúas persoas feridas son evacuadas dun accidente entre dous turismos en Padrón (A Coruña)

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na tarde deste mércores a dúas persoas que resultaron feridas nunha colisión entre dous turismos na N-550, ao seu paso por Padrón (A Coruña).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2018 | Actualizada ás 20:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na tarde deste mércores a dúas persoas que resultaron feridas nunha colisión entre dous turismos na N-550, ao seu paso por Padrón (A Coruña).

Segundo a información facilitada ao 112, o accidente rexistrouse pouco antes das 17,00 horas na N-550 na Picaraña. Como consecuencia do impacto, dúas persoas necesitaron asistencia médica e foron evacuadas ao centro hospitalario de referencia.

De feito, as persoas que chamaron para pedir axuda indicaron que, dos dous feridos, unha muller presentaba lesións de consideración polo que permaneceu no interior do vehículo até a chegada dos profesionais do 061.

O 112 pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos membros do GES de Padrón, que, ademais de colaborar na xestión do tráfico, comprobaron que no interior dos vehículos afectados ninguén estaba atrapado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta