Trasladada unha persoa con queimaduras tras producirse un incendio na súa vivenda en Vigo

Unha persoa tivo que ser trasladada a un centro hospitalario debido ás queimaduras que sufriu no seu corpo provocadas por un colchón en chamas, segundo informou o 112 Galicia.

Por E.P. | VIGO | 12/07/2018 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

Unha persoa tivo que ser trasladada a un centro hospitalario debido ás queimaduras que sufriu no seu corpo provocadas por un colchón en chamas, segundo informou o 112 Galicia. A central de emerxencias tivo constancia do incendio sobre as 19,30 horas da tarde do mércores, cando os servizos sanitarios comunicaron ao 112 o traslado a Povisa da persoa con queimaduras.

Incendio na Rúa Elduayen (Vigo)
Incendio na Rúa Elduayen (Vigo) | Fonte: crtvg

O incendio no que resultou ferida esta persoa rexistrouse nunha vivenda situada na Baixada da Segunda República, na cidade de Vigo. Foron mobilizados os Bombeiros da cidade, que tras contactar co alertante, aseguroulles que o lume estaba extinguido, polo que non foi necesaria a súa intervención. Os axentes da Policía Local e os efectivos de Protección Civil tamén se desprazaron ao lugar.

COCHE CALCINADO

Por outra banda, o incendio dun turismo obrigou a cortar un carril de circulación da A-52, dirección Madrid, á altura do lugar de Rebordondo, en Cualedro (Ourense), ao redor das 21,30 horas da noite do mércores. Unha persoa chamou á central de emerxencias para alertar de que a súa esposa lle estaba a arder o coche. Por iso, foron avisados os Bombeiros de Verín, púxose en alerta ás 061-Urxencias Sanitarias e solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico e de Protección Civil.

En calquera caso, ningunha das dúas ocupantes do vehículo resultou ferida, tal e como unha das propias implicadas constatoullo ao persoal do 112. Tamén aclarou que o lume no coche non foi debido a un accidente, senón que barallaba que fose provocado por unha avaría no vehículo. Unha vez extinto, os Bombeiros indicaron que ardeu o coche na súa totalidade, así como uns 10 metros aproximadamente de maleza da cuneta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta