“Ósos do oficio”, equivalente á locución castelá “gajes del oficio”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 05/08/2018 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Ó facermos referencia aos inconvenientes, problemas, prexuízos ou molestias derivados en ocasións dalgún emprego, actividade ou ocupación, adoitamos botar man da locución castelá gajes del oficio, moitas veces pseudoadaptada á nosa lingua mediante a tradución da contracción castelá del pola galega do: gajes do oficio.

Traballador estranxeiro
Traballador estranxeiro

Non obstante, algunha ca outra vez temos rexistrado –desta volta sempre por vía escrita– en textos redactados en galego as locucións ósos do oficio e espiñas do oficio, supomos que (cando menos a primeira delas) por influencia do portugués.

Gajes del oficio

{= Molestias, inconvenientes, problemas ou prexuízos derivados dun emprego, actividade ou ocupación.}

Ósos do oficio

Espiñas do oficio

Ex.: Todos los que se dedican a la vida pública tienen que entender las críticas como gajes del oficio.

Todos os que se dedican á vida pública teñen que entender as críticas como ósos do oficio como espiñas do oficio.

● Tamén:

Cosas del oficio

Cousas del oficio

● Tamén:

Percances del oficio && Inconvenientes del oficio && Hándicaps del oficio && [E MESMO, NOS MÁIS DOS CONTEXTOS]: Cosas del oficio

Inconvenientes do oficio && Hándicaps do oficio && [E MESMO, NOS MÁIS DOS CONTEXTOS]: Cousas do oficio

● Inda tamén, en certos contextos, e máis ou menos axeitadas en función deles:

Problemas del oficio && Desventajas del oficio && Contratiempos del oficio && Contrariedades del oficio

Problemas do oficio && Desvantaxes do oficio && Contratempos do oficio && Contrariedades do oficio

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Un calquer

Corrixide por favor -> *Cousas do oficio