Detido un veciño do Salnés (Pontevedra) por suposta trata de seres humanos con fins de explotación sexual

A Garda Civil detivo este luns a un veciño da comarca do Salnés (Pontevedra) como presunto autor dun delito de trata de seres humanos con fins de explotación sexual.

PONTEVEDRA | 12/07/2018 | Actualizada ás 19:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo este luns a un veciño da comarca do Salnés (Pontevedra) como presunto autor dun delito de trata de seres humanos con fins de explotación sexual.

Nun comunicado, a Benemérita explicou que a detención se produciu no marco dunha inspección organizada pola unidade orgánica de policía xudicial nun club de alterne que rexentaba o acusado.

Este venres celebrarase na Comandancia unha rolda de prensa para informar as circunstancias da operación. Acudirán o coronel xefe, Jorge González, e a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta