Case unha vintena de traballadores desaloxados por unha fuga de gas en San Cibrao (Ourense)

Unha vintena de operarios tiveron que abandonar momentaneamente os seus postos de traballo mentres os efectivos de emerxencias localizaban unha fuga de gas na rúa 14 do polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2018 | Actualizada ás 19:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha vintena de operarios tiveron que abandonar momentaneamente os seus postos de traballo mentres os efectivos de emerxencias localizaban unha fuga de gas na rúa 14 do polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

O 112 soubo do suceso ás 13,30 horas mediante unha chamada de alerta dos bombeiros da localidade que informaban dun escape de gas após picar unha brigada de obras unha tubaxe.

Os servizos de emerxencias acordoaron a zona e pasaron aviso á empresa subministradora. Ademais, desaloxaron o seis empresas que están na zona. Aos poucos, os traballadores volveron aos seus postos de traballo en canto a fuga foi controlada e os técnicos da compañía lograron reparar o tubo.

Após recibir a chamada, o 112 pediu a colaboración do 061, aínda que ninguén resultou afectado. Tamén pasou aviso ao GES de Pereiro de Aguiar, que traballou xunto aos bombeiros para controlar o escape.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta