En Marea abre a porta a adiantar eleccións internas e rexeita o modelo de transición que propón CA

A coordinadora considera que a proposta dos de Noriega deixaría as decisións de En Marea en mans "dunha sorte de aristocracia política".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2018 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

A coordinadora de En Marea emitiu un comunicado logo da proposta aprobada pola asemblea de Compostela Aberta, que pide abrir un proceso de renovación interna no proxecto de unidade popular. Así, a dirección que encabeza Luís Villares, logo de afirmar que non teñen comunicación oficial do documento aprobado por CA, abren a porta ao adianto das eleccións internas pero rexeitan a creación dunha "mesa da confluencia", que cren "incompatible" coas decisións "de abaixo arriba" e que, segundo a coordinadora, deixaría en mans de "unha aristocracia política" as decisións do proxecto rupturista.

Noriega, Villares, Beiras, Yolanda Díaz, Paula Quinteiro e Gómez-Reino
Noriega, Villares, Beiras, Yolanda Díaz, Paula Quinteiro e Gómez-Reino | Fonte: Europa Press

O comunicado da dirección, emitido na tarde deste xoves, prodúcese un día despois de que a asemblea da formación que lidera Martiño Noriega dese luz verde a un documento que propón o adianto ao mes de setembro das eleccións ao Consello das Mareas (órgano máximo de dirección do partido instrumental) e a constitución dunha "mesa da confluencia" na que estivesen representados o tres partidos que formaron parte da primeira coalición, Podemos, EU e Anova, e as mareas de Santiago, A Coruña e Ferrol.

Deste xeito, a dirección apunta que a decisión de adiantar as eleccións internas correspóndelle ao Consello (onde o sector que controla a coordinadora ten maioría) ou, no caso de que se convoque, a un plenario da organización; pero "nunca a unha mesa que constrúa decisións que afectan a En Marea fóra da propia En Marea".

"ARISTOCRACIA POLÍTICA"

Nesta liña, sinala que a proposta de Compostela Aberta de crear unha "mesa" da confluencia "reduce a calidade democrática e participativa do espazo político" porque "é incompatible cunha decisión de abaixo arriba" e deixaría en mans de "unha sorte de aristocracia política" as decisións do proxecto, o que suporía, segundo a coordinadora, "negar a capacidade de decisión do conxunto das inscritas".

"Unha mesa de partidos ou notables sería un retroceso na construción democrática e participativa do espazo, porque nega a voz de todas aquelas inscritas en En Marea que non pertencen a un grupo de elixidos", apunta o comunicado, no que a dirección sinala a "elección democrática directa dos órganos de dirección" do partido instrumental como un exemplo da "superación das deficiencias democráticas e participativas".

Así as cousas, a dirección do partido instrumental defende que non lle corresponde "tomar decisión algunha" sobre o documento aprobado por Compostela Aberta: "Sería unha ida e vinda entre cúpulas que nada ten que ver co noso espírito fundacional, salvo que o conxunto das inscritas decidisen cambiar radicalmente o modelo do que nos dotamos en Vigo".

PROPOSTA DE COMPOSTELA ABERTA

A proposta que fai Compostela Aberta, que se ofrece como "mediadora", pasa por que se "constitúa unha mesa de confluencia", na que, como mínimo, participen os partidos políticos participantes na primeira coalición, incluídas as tres mareas que gobernan e participan no espazo político. Partindo desta situación, solicita que se "anticipe a nova elección" do Consello das Mareas, que lidera Villares, e se convoque a súa renovación "no mes de setembro", co fin de "evitar a precampaña electoral" como órgano de dirección política e de coordinación de espazo político. A proposta aprobada pola asemblea tamén pretende que Compostela Aberta "impulse as iniciativas políticas que teñan por obxecto conseguir os dous puntos anteriores e relanzar a unidade popular".

ESPAZOS DE DIÁLOGO

Un día despois da súa aprobación, a coordinadora de En Marea valora como "moi positiva toda iniciativa que persiga a intensificación do diálogo" no espazo político, pero asegura que o partido instrumental "dotouse" na súa asemblea fundacional de canles e órganos para exercelo, polo que insta a participar neles "a toda persona inscrita, con independencia da súa marea ou partido de procedencia, se os tivese".

"En Marea está dotada de espazos de participación aberta, horizontal e sen restricións, tanto na construción de discurso e estratexia --mareas sectoriais, plenarios e procesos de participación municipalista-- como de decisión política --plenario, consello e coordinadora--", apunta. Por tanto, insta a participar nestes "órganos democráticos" configurados, segundo a coordinadora, para "exercer positivamente o diálogo". Deste xeito, desliza unha crítica velada á non participación dos sectores descontentos coa actual dirección nas reunións do Consello das Mareas ou no último plenario, celebrado en marzo e no que non estiveron presentes representantes do denominado sector crítico.

REXEITA A "MESA DA CONFLUENCIA"

En definitiva, rexeita de plano a creación dunha "mesa da confluencia" que pilotaría un proceso de reconfiguración do espazo rupturista como propón CA, que no seu documento non menciona a Cerna entre os partidos que se incluirían nese grupo, nin a outras mareas locais importantes e algunhas en gobernos locais, agás ás tres mareas que gobernan A Coruña, Santiago e Ferrol.

Precisamente, a dirección tamén se detén na elección de só esas tres mareas como representantes do municipalismo e critica que se deixe ao carón ao resto de proxectos locais. "En consecuencia, non parece prudente avalar unha estrutura como a proposta que reduce a calidade democrática e participativa do espazo político de cambio en Galicia", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 Ferriño

Pedir novas elección innternas cando non se respectan os resultados da anterior? Falar de participación e non asistir nin aos Plenarios? O que hai é moito morro e moita navallada para o 2020, non para o 2019.

1 comunista independentista

Os resultados da anterior traizoounos Villares rachando coa candidatura vencedora e pactando coas ratas de Palleiro e Diz.

2 MASACRE EN MAREA

Señores.... onte en santiAGE de componendas na armería "comedial" viron o vello -Vieiras mercar escopetas, mercar machados, mercar grandadas e incluso una bereta e un "corno de chivo" estase a mascar a traxedia no grupo mareado de podreiros - SOAMENTE PODE FICAR UN!!!!! - señores a panda mareante perdeu a pouca conciencia que tiña, agora vira gran masacre... (pregade 3 avemarías e 4 pater noster para a salvación de tantas ialmas pecadoras) - https://www.youtube.com/watch?v=mkf...

1 eusi

A pastilla prá cabesa homiño... sempre cho hai que lembrar (e nunca fas p_to caso!)

1 RAMIRO DE YOLI

Miren a foto : Con quen está Jorge Suárez o heroe de Beiras ? Efectivamente con Paula Quinteiro. Tal para cual

1 eusi

Menos mal que temos Nostradamus coma este para nos avisar...TARDE!