Sanxenxo é o concello costeiro con maior aumento do prezo da vivenda no último ano

Sada é o terceiro con peor evolución interanual e Vigo forma parte dos enclaves con caídas superiores ao 4%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2018 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

Sanxenxo é o municipio da costa española que máis incrementou o seu prezo da vivenda no ultimo ano, en concreto un 24,6%, segundo o informe 'Vivenda en Costa 2018' de Tinsa. Segundo un comunicado de Tinsa, o Estado español está a ter unha recuperación progresiva de vivenda vacacional, que se traduce nunha aceleración dos prezos en enclaves da Costa do Sol, Baleares e Canarias.

Praia de Sanxenxo. EUROPA PRESS - Archivo
Praia de Sanxenxo. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Así mesmo, percibe o comezo dun cambio de tendencia en positivo en localizacións onde a demanda nacional é a predominante, como Huelva, Granada, Tarragona, a Manga do Mar Menor, Almería e o sur de Pontevedra. En case tres cuartas partes da zona costeira os prezos da vivenda vacacional evolucionaron á alza no último ano, de acordo co estudo.

As zonas onde se rexistraron os crecementos máis intensos no último ano son Mallorca, Ibiza, Lanzarote, Fuenteventura, certos municipios de Pontevedra, Huelva, Alacante e Málaga. En concreto, o maior incremento de prezo rexistrouno Sanxenxo (Pontevedra), seguido de Sóller (Mallorca), un 21%, e Arrecife (Lanzarote), un 17,8%.

En Pontevedra, o incremento supuxo un cambio de tendencia despois dun período prolongado de axuste, en contraposición doutros casos onde a revalorización se debe á consolidación da recuperación do mercado da vivenda vacacional.

SADA E VIGO, DESCENSO DO PREZO

Pola contra, Sada mostrou unha caída interanual do prezo da vivenda (7,2%) no primeiro trimestre e situouse como o terceiro municipio costeiro español con peor evolución interanual en canto ao prezo.

Pola súa banda, Vigo forma parte dos enclaves de costa con caídas superiores ao 4% no último ano. No ámbito estatal, o grupo de municipios que mostra descensos de prezos no último ano é máis reducido que o anterior.

Doutra banda, as zonas onde existe un nivel medio de stock conforman o 47,7%. Na metade delas a oferta será asumible a curto prazo, mentres que a saída ao exceso de vivenda tardará máis en absorberse nas costas de Galicia, así como Tarragona, Castellón, Cantabria e as illas menores do arquipélago canario, segundo Tinsa.

De igual modo, o interese pola compra do chan empeza a activarse e este mercado está a recuperar unha actividade normalizada (19%) en localizacións do sur de Pontevedra, Málaga, norte de Alacante, a Manga do Mar Menor e Tenerife, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José Luis

Pues lógico... Y vendrán los de fuera y seguiremos echando a los de casa, pasan los años y no aprendemos Yo soy de Lanzarote y 3/4 de lo mismo, alguien entiende por ejemplo estos precios??? https://hotelnights.es/hoteles-lanz...