Unha tormenta deixa sen luz o hospital de Ourense e colapsa os semáforos

O fenómeno meteorolóxico veu con saraiba. A normalidade restableceuse uns minutos despois da incidencia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2018 | Actualizada ás 19:17

Comparte esta noticia

Unha forte tormenta con saraiba caída na tarde deste venres en Ourense deixou sen luz o Complexo Hospitalario da cidade durante uns minutos e colapsou o funcionamento do 90 por cento dos semáforos.

Granizada en Ourense. REMITIDA
Granizada en Ourense. REMITIDA | Fonte: Europa Press

Segundo fontes do hospital, a caída do servizo "apenas se notou" e non causou incidencias maiores, xa que o edificio conta con xeradores autónomos e un sistema de alimentación ininterrompida para cubrir as áreas de servizos críticos como os quirófanos.

Con todo, xa se restableceu a normalidade total nas instalacións logo de ser evacuada dun ascensor unha persona por parte de operarios de seguridade e mantemento do complexo sanitario.

Así mesmo, a tormenta, que se prolongou durante uns 10 minutos, deixou sen funcionar o 90 por cento dos semáforos da cidade, os cales están a ser restituídos por traballadores do concello.

Tamén provocou dous incendios: nunha vivenda por mor da caída dun raio, que non deixou danos humanos e foi sufocado poucos minutos máis tarde de producirse, e nun transformador da Comandancia da Garda Civil, extinguido por efectivos do Corpo de Bombeiros de Ourense.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta