Interrompida a circulación na A-52 en Ourense e na AG-53 en Dozón a causa da saraiba

As tormentas caídas na tarde deste venres en Galicia provocaron que a circulación se vise interrompida na A-52 en Ourense e na AG-53 en Dozón (Pontevedra), sen que se producisen danos persoais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2018 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

As tormentas caídas na tarde deste venres en Galicia provocaron que a circulación se vise interrompida na A-52 en Ourense e na AG-53 en Dozón (Pontevedra), sen que se producisen danos persoais.

Segundo informa o 112, en Ourense, pouco antes das 17,00 horas, un particular informou de que os vehículos que circulaban pola A-52 á altura da segunda entrada á cidade estaban parados debido á forte saraiba. Uns minutos máis tarde, a Policía Local confirmou que a circulación na vía quedara restablecida.

Na AG-53, no Alto de San Martiño, en Dozón, pasados uns minutos das 17,00 horas, varios particulres indicaron ao 112 que a circulación estaba interrompida por outra granizada, á altura do quilómetro 58, en dirección a Santiago.

Os raios tamén se deixaron notar na cidade de Ourense pasados uns minutos das 16,30 horas, cando un particular deu aviso dun incendio nunha casa na rúa Illas por un raio. Os bombeiros, após extinguir o lume, indicaron que ardera o tellado da vivenda e que habían resultado danados os electrodomésticos.

Os bombeiros tamén se desprazaron case unha hora despois até o cuartel da Garda Civil, en Montealegre. Os axentes de solicitaron medios de extinción por un xerador ardendo tamén pola caída dun raio.

Ademais de avisar aos bombeiros, puxéronse os feitos en coñecemento da Policía Local, de Protección Civil e do persoal da compañía eléctrica que abastece a zona. Finalmente, non foi precisa a intervención dos servizos de extinción, posto que só ardeu un fusible de alta tensión dun transformador. Persoal da empresa subministradora da electricidade encargouse da súa reparación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta