En Marea denuncia "evasión fiscal" do propietario da mina de Touro con "favores do Concello"

A formación rupturista advirte que "dos miles de metros cadrados de superficie construída de naves industriais que este propietario ten nos terreos mineiros, só ten declarada unha ridícula construción de 165 metros cadrados".

Por Galicia Confidencial | Touro | 14/07/2018 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

En Marea vén de denunciar que a empresa propietaria da mina de cobre en Touro, Explotaciones Gallegas, recibe "favores tributarios" do Concello, liderado por Ignacio Codesido, do PP. Por isto, anuncia que En Marea Touro vai poñer os feitos en coñecemento do órgano supervisor de Contas, "ante o desleixo do rexedor con resultado gravoso para as arcas públicas", din.

Mina en Touro.
Mina en Touro.

"A veciñanza de Touro está a recibir as notificacións do 'catastrazo', a regularización catastral pola que ademais de pagar unha taxa de 60 euros por inmoble, incorpóranse ás obrigas tributarias do Imposto de Bens Inmobles as construcións existentes nos núcleos rurais, todo tipo de pendellos, hórreos, cortes, na súa maioría construcións agrarias sen actividade", contextualiza a formación política.

Fronte a esta “eficacia” recadatoria cara o contribuínte común, En Marea censura que "a Administración permite ao propietario da mina de Touro a evasión fiscal" do Imposto de Bens Inmobles".

"Resulta, que dos miles de metros cadrados de superficie construída de naves industriais que este propietario ten nos terreos mineiros no concello de Touro, só ten declarada unha ridícula construción de 165 metros cadrados", expón En Marea.

A formación rupturista sinala o goberno de Ignacio Codesido por "permitir a evasión de tributos a Explotaciones Gallegas" e acúsao de "facer disposición do diñeiro público para pagar os estragos das verteduras e lodos que chegan da mina ás rúas de Fonte Díaz e acaban por entullar a rede de saneamento", como denunciou recentemente a asociación Aldea Viva.

Mina de Touro.
Mina de Touro.

Instalacións da mineira en Touro.
Instalacións da mineira en Touro.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta