Feijóo elixe a tres presidentes do Tribunal Constitucional para recibir a Medalla de Galicia

A Xunta destaca que o tres teñen orixe galega, aínda que dúas deles naceron en Castela e León.

Por E.P. | | 15/07/2018 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

María Emilia Casas Baamonde, Juan José González Rivas e Álvaro Rodríguez Bereijo son os tres nomes elixidos polo presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, para recibir a Medalla de Galicia na súa categoría de Ouro, galardóns que se entregan o próximo 24 de xullo, véspera da festividade do Día de Galicia.

Entrega das Medallas de Galicia 2016. EUROPA PRESS - Archivo
Entrega das Medallas de Galicia 2016. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Os tres presidiron o Tribunal Constitucional e a Xunta destaca a súa orixe galega, a pesar de que dous deles —María Emilia Casas e González Rivas— naceron na comunidade de Castela e León.

Así, os nomes, propostos polo xefe do Goberno galego, serán trasladados ao Consello da Xunta para a súa aprobación na próxima reunión deste órgano, prevista para este xoves.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta