Evacuada unha persoa por inhalación do fume dun incendio provocado por unha pota ao lume na Coruña

Unha persoa foi evacuada na Coruña despois de producirse un incendio no interior da súa vivenda, preto das 22,00 horas da noite pasada, nun inmoble situado na Rúa Almirante Romay.

A CORUÑA | 16/07/2018 | Actualizada ás 10:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persoa foi evacuada na Coruña despois de producirse un incendio no interior da súa vivenda, preto das 22,00 horas da noite pasada, nun inmoble situado na Rúa Almirante Romay.

Segundo informa o 112 Galicia, unha pota ao lume causou un pequeno incendio. Como consecuencia do fume, unha persona resultou intoxicada e foi trasladada polos servizos sanitarios de urxencia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Foi un veciño quen contactou co 112 Galicia para pedir axuda. Por iso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros da Coruña para apagar o lume, que só afectou á pota.

Por precaución, os veciños abandonaron o inmoble ata que os efectivos de extinción finalizaron a súa intervención.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta