Jorge Suárez desmente que "haxa pretensión de facer unha coalición de partidos" en En Marea

O rexedor ferrolán defende a petición de Compostela Aberta de unificar o proxecto político do partido instrumental.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2018 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, respondeu este luns ao portavoz de En Marea, Luís Villares, que "non hai pretensión de facer unha colación de partidos", porque todas as confluencias que forman parte do partido instrumental son "un único proxecto" que é, nas súas palabras, "unha resposta política a unha demanda social."

Jorge Suárez. Europa Press - Archivo
Jorge Suárez. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

O rexedor respondía con estas declaracións ás palabras referidas o sábado por Villares coas que afirmou que a proposta de Compostela Aberta para renovar o Consello das Mareas era unha "mesa de partidos" nunha "volta atrás superada en 2016."

Jorge Suárez non o ve da mesma maneira, porque valorou que esta proposta santiaguesa "senta as bases para que todas as coalicións se poidan sentar nunha mesa de debate", á vez que lembrou que "hai que continuar apostando pola confluencia" onde todas elas "teñen que apostar pola xenerosidade" á hora de facer o proxecto político.

Á súa vez, Jorge Suárez lembrou que "os temas orgánicos ou a fórmula xurídica" de En Marea "hai que deixalo para outro momento", porque o obxectivo que teñen agora é "gañar a confianza dos cidadáns". Así, o rexedor local prefire centrarse "en facer proxectos para a cidade" no canto de "apurar demasiado en postular a xente para facer listas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta