Temas: VIñO VALDEORRAS

8000 copas de Valdeorras vendidas na XXI Feira do Viño

O certame desta pasada fin de semana no Barco de Valdeorras, con 20 adegas participantes, aumentou en 1000 unidades as degustacións. Na tarde do domingo entregáronse os premios da cata oficial.

Por X.M. Fernández | O Barco de Valdeorras | 16/07/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Desde o Consello Regulador valoran moi positivamente o aumento de adegas participantes na XXI Feira do Viño Valdeorras e tamén o éxito de participación en canto a visitantes se refire. Estiman así mesmo que se serviron por riba de 8.000 copas de viño, unha cantidade que supera en 1.000 unidades as degustacións rexistradas o ano pasado. No que respecta á recadación, esta foi un 25% superior á de 2017.

Ambiente no recinto feiral. Fonte: CRDO Valdeorras
Ambiente no recinto feiral. Fonte: CRDO Valdeorras

O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, quere por en valor o papel das 20 adegas que tomaron parte activa na feira, grazas as cales –considera- “tense acadado este éxito de participación, que é aínda máis significativo se temos en conta o mal tempo que fixo onte domingo”.

Premios da XIX Cata Oficial de Valdeorras

Na tarde do domingo entregáronse, na praza barquense de Viloira, os premios aos mellores caldos da cata oficial desta edición da Feira do Viño. Participaron 18 adegas e os viños e adegas distinguidas polo xurado foron:

En viños brancos, o primeiro premio foi para “Viñaredo” da Adega Santa Marta, o segundo para “D’Berna” de Adega Guitián e Blanco, e o terceiro levouno “Pagos de Galir” de Adega Virxe de Galir.

Foto cos premiados. Fonte CRDO Valdeorras
Foto cos premiados. Fonte CRDO Valdeorras

En viños tintos, o primeiro foi para “Sampayolo Garnacha” de Adega Sampayolo, o segundo para “A Coronela” de Adega O Cepado, e o terceiro para “Joaquín Rebolledo” de Adega Joaquín Rebolledo.

As mencións especiais “viños doutras añadas” foron para “Lagar de Cigur Barrica 2013” de Adega Melillas e Fillos e “Fardelas 2015” de Adega Santa Marta.

Ambientación musical no recinto feiral. Foto GC
Ambientación musical no recinto feiral. Foto GC
Temas: VIñO VALDEORRAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta