Un borrón nas axendas

É unha constante na conformación dos programas electorais. Non son esquecementos casuais ou marcados por un elevado número de necesidades detectadas na convivencia cos cidadáns dunha determinada localidade, vila ou cidade.

Por Juan De Sola | Pontevedra | 09/04/2011

Comparte esta noticia

Se a orixe dunha ausencia de argumentos nas prioridades políticas estivese xustificado por un esceso de iniciativas, propostas ou plans de desenvolvemento social, teriamos que pasearnos por este analítico xardín noutros termos, ben distintos.

Pero, non é así. Asomámonos ao abismo dun abusrdo alivio para os ‘operarios políticos’ e unha preocupación para o resto da sociedade. A sensibilidade e consideración non aumenta, por moito que sexa incorporada no discurso a palabra ‘social’.

Non priman, nin primarán as determinacións en facer uso das administracións para fomentar o denominado Estado do Benestar Social. Hai quen ten a osadía de cuestionar a súa viabilidade por unha acusada necesidade de recursos para manter o sua efiencia. Cada vez cobra unha maior importancia que as contas públicas sexan abundantes para manexar ‘caudais’ nos supostos proxectos de futuro.

Outra cousa, ben diferente, é a vontade de investimento na calidade de vida das persoas máis dependentes ou menos favorecidas pola remesa das oportunidades.
Quen conta cun traballo, un arraigamento ou apoio tanto no persoal como no profesional non afrontan toda unha encrucillada por manter o equilibrio no feble fío da omisión política.

Curiosamente, nas últimas horas, apareceu unha iniciativa para analizar, máis ben auditar, en materia de accesibilidade arquitéctonica, aqueles centros escolares e culturais destinados a ser os colexios electorais.
O goberno Galego e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) subscribiron un acordo para buscar espazos onde o sufraxio universal se manifeste coa máxima expresión real.

Esta medida chega cando superamos tres décadas de democracia. Necesidades desta natureza parecen emerxer onte, se atendemos o discurso que acompaña o seu anuncio, cando non deixa de ser unha débeda histórica social pendente.

A distancia da política comprometida co desenvolvemento e o benestar equánime e sustentable desafortunadamente cristaliza en cada un dos programas electorais revisados. Todos mencionan, subliñan e até promocionan como unha gran prioridade o emprego, entre as propostas máis próximas ás cuestións de orde social. Neste punto se deten todo.

É certo que as sensibilidades aumentaron nos últimos tempos. Pero, seguimos escoitando voces de queixume polas profundas feridas económicas que padecen os colectivos sociais. Algúns advirten da ameaza que supón a crise para persoas con venenosas adicións, tratadas en centros de Proxecto Home en Galica.

A reinsercción, integración, a deshabituación ou cooperación ao desenvolvemento municipalista son conceptos declarados desaparecidos polos partidos políticos.

Parece que a maioría dos candidatos volveron a incorrer nun relevante borron na súa axenda política. E é que hai actitudes que “nunca teñen intención de cambiar”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Juan De Sola Xornalista de Onda Cero Radio e corresponsal da axencia Efe Pdte Agareso - Reporteiros Galegos Solidarios 16 anos de exercicio como profesional da comunicación Recoñecementos: Mérito Social Pentenciario polo proxectos de comunicación para o desenvolvemento no centro penitenciario de A Lama Recoñecemento da asociación galega de radiodifusión pola reportaxe 'Mariñeiro no porto de Meloxo - O Grove' no afundimento do Prestige