Estados Unidos, cada vez máis cerca

A proliferación de voos directos de baixo custo, as facilidades para entrar no país e a desvalorización do dólar, están a impulsar aos Estados Unidos coma destino turístico e de negocios entre os galegos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/07/2018 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

Estados Unidos era, anos atrás, un destino case exclusivo e só ao alcance de uns poucos. Nos últimos anos, diversos factores fixeron que na actualidade sexa un destino competitivo e aberto a todo tipo de público. Tanto a nivel turístico coma empresarial, é un destino moi a ter en conta e cada vez son máis os galegos que se animan a descubrilo.

Panorámica de Nova York
Panorámica de Nova York

Os voos, moito máis rápidos e baratos

Aínda que dende ningún dos aeroportos galegos se ofertan voos a ningunha cidade estadounidense, sí o fan o veciño de Sá Carneiro ou os españois de Madrid, Barcelona e Málaga, con ofertas a cidades coma Nova Iorque, Boston, Miami, Chicago ou San Francisco, entre outras. Os prezos, aínda que varían moito segundo a época do ano, a antelación coa que se reserven e os aeroportos, non superan nalgúns casos os 300 euros ida e volta. Atrás quedan as viaxes de escalas interminables e os prezos desorbitados.

ESTA, a comodidade de viaxar sen precisar de visado

Dende xaneiro de 2009, España forma parte do Visa Waiver Program ou Programa de Exención de Visado. Este programa, permite aos seus membros viaxar aos Estados Unidos por turismo ou negocios sen necesidade de visado, simplemente solicitando online a autorización de viaxe ESTA.  A duración da viaxe, non debe superar os 90 días.

Tramitar a ESTA é moi sinxelo e pódese facer en apenas 20 minutos, dende calquera ordenador con conexión a internet. Tras comprobar que se cumpren tódolos requisitos para viaxar a Estados Unidos sen visado, basta con cubrir un formulario no que se piden os datos persoais, algúns datos referentes á viaxe e contestar as chamadas “preguntas de elixibilidade”. A resposta recíbese nas 72 horas posteriores á realización da solicitude, aínda que en moitos casos é inmediata.

Unha vez aprobada, a ESTA ten unha validez de dous anos, sempre e cando o pasaporte non expire antes, nos que se poden facer tantas viaxes aos Estados Unidos como se desexe, sempre que o motivo das mesmas sexa turismo ou negocios e a estadía non supere os 90 días. En ningún caso se debe permanecer no país máis de 180 días ao ano, xa que as autoridades poderían ter sospeitas de inmigración ilegal.

O dólar, en caída

A desvalorización do dólar, que comezou no 2017 e chega ata hoxe, fai que os produtos e servizos sexan máis baratos ao cambio para os galegos, polo que se xera un aforro nos alugueres, actividades, compras ou inversións realizados durante a estancia.

Esta é unha das principais razóns pola que cada vez máis turistas e empresarios europeos, optan polos Estados Unidos como destino.

Unha grande oferta turística e empresarial

Tanto dende o punto de vista turístico coma dende o empresarial, a oferta dos Estados Unidos é moi ampla e facilmente adaptable a todo tipo de viaxeiro.

Viaxes en familia

Estados Unidos é un país ideal para viaxar en familia. A súa extensión e diversidade, fai que atopemos opcións para todos e cada un dos seus membros.

Para os máis pequenos, e os non tan pequenos, existe unha grande oferta de parques temáticos e de atraccións, entre os que destaca o ultra conocido Disney World, en Orlando.

Tamén nas grandes cidades, podemos atopar ofertas para toda a familia: dende museos e atraccións turísticas a parques, concertos ou tendas.

Praias

Os amantes do mar, tamén atopan o seu lugar no país norteamericano. Dende praias de area branca para relaxarse, ás mellores olas para practicar surf ou os fondos mariños máis interesantes para facer submarinismo.

Dende as Illas Hawai, ata a popular Miami Beach ou as interminables praias de California,  hai opcións para tódolos gustos e para tódolos petos.

Parques Nacionais

Estados Unidos conta con unha rede de máis de 50 Parques Nacionais que se extenden por todo o seu territorio.  Os máis coñecidos son Yellowstone, famoso polos seus géiser,  Yosemite, coas súas fragas de secuoias e as súas fervenzas e o Gran Canón de Colorado coa súa árida oreografía; pero a oferta é moito máis ampla.

Grandes cidades

Pensar nos Estados Unidos, é sen dúbida pensar en horizontes cheos de rañaceos. Cidades coma Nova Iorque, Chicago, Os Ánxeles ou Miami, grandes urbes cunha extensa oferta cultural e de ocio.

Para aqueles viaxeiros máis urbanitas será todo un descubrimento perderse polas rúas máis famosas destas e outras grandes cidades norteamericanas, visitar museos de renome internacional, realizar actividades ao aire libre ou comprar nas tendas máis exclusivas.

Oportunidades de negocio

Estados Unidos tamén poder ser un destino ideal para mellorar ou expandir un negocio. Algunhas das feiras e dos congresos máis prestixiosos, danse cita no país norteamericano.

Cada vez son máis os empresarios galegos que viaxan para asistir a este tipo de eventos, establecer contactos, estudar o mercado ou cerrar acordos de colaboración co país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta