Un presidente español tuiteando en galego

Sánchez publica unha mensaxe en galego nas súas redes sociais sobre a súa reunión con Feijóo, na que aborda o Xacobeo e a situación de Tui

Por E.P. | MADRID | 17/07/2018 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, escribiu este martes unha mensaxe nas redes sociais sobre o seu encontro co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, empregando o galego.

Pedro Sánchez publica un tuit en galego após reunirse con Núñez Feijóo. TWITTER PEDRO SÁNCHEZ
Pedro Sánchez publica un tuit en galego após reunirse con Núñez Feijóo. TWITTER PEDRO SÁNCHEZ | Fonte: Europa Press

O líder do Executivo segue desta maneira a tradición que iniciou tras a reunión co presidente da Generalitat, Quim Torra, nun xesto de achegamento do Goberno cara ás comunidades bilingües.

"Primeiro encontro con Feijóo no que abordaremos a situación dos afectados na explosión de Tui, e das demandas desta comunidade tanto en infraestruturas como de cara ao Xacobeo 2021", tuiteou a conta do presidente do Goberno, nunha mensaxe publicada en castelán e en galego.

A mensaxe en castelán vén acompañado dunha fotografía de ambos na recepción na Moncloa estreitándose a man, mentres que na mensaxe en galego pódeselles ver departindo momentos despois do saúdo inicial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 anonimo5083

"gesto de achegamento"... cansado estoy de tanto postureo, el de unos como de otros. ¡Cuánta alegría ha sentido hoy el gallego de a pie cuando ha sabido que Pedro Sánchez ha escrito unas palabritas en gallego! Lo mismo en Cataluña cuando Sánchez se reunió con Torra: al igual que los gallegos, muchos catalanes olvidaron por unos días lo mucho que cuesta llegar a fin de mes, esa hipoteca que ahoga, o ese burofax del casero que anuncia que el alquiler del piso subirá un 20% sí o sí.

1 Leike

Pois a ti seica che proe!

2 Un de paso

Pois é un xesto que se agradece, por suposto. Unha deferencia que non vimos nunca no anterior presidente.