Por E.P. | MADRID | 17/07/2018 | Actualizada ás 19:11
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, escribiu este martes unha mensaxe nas redes sociais sobre o seu encontro co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, empregando o galego.
O líder do Executivo segue desta maneira a tradición que iniciou tras a reunión co presidente da Generalitat, Quim Torra, nun xesto de achegamento do Goberno cara ás comunidades bilingües.
"Primeiro encontro con Feijóo no que abordaremos a situación dos afectados na explosión de Tui, e das demandas desta comunidade tanto en infraestruturas como de cara ao Xacobeo 2021", tuiteou a conta do presidente do Goberno, nunha mensaxe publicada en castelán e en galego.
A mensaxe en castelán vén acompañado dunha fotografía de ambos na recepción na Moncloa estreitándose a man, mentres que na mensaxe en galego pódeselles ver departindo momentos despois do saúdo inicial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.