Pontón (BNG) tacha de "fracaso" a reunión entre Sánchez e Feijóo: "Nin un só avance para Galiza"

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tachou de "fracaso" o resultado da reunión mantida este martes entre o presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, e o líder da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se saldou, ao seu modo de ver, "sen un só avance para Galiza".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2018 | Actualizada ás 22:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tachou de "fracaso" o resultado da reunión mantida este martes entre o presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, e o líder da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se saldou, ao seu modo de ver, "sen un só avance para Galiza".

Segundo informou o Bloque nun comunicado, a líder nacionalista lamentou que Feijóo mostrase "unha total falta de ambición de país" porque "renunciou a defender unha axenda galega".

"Ao contrario, abriu a porta a un escenario no que se consolida a discriminación e o agravio do Goberno do Estado con Galiza", esgrimiu, á vez que dixo que Feijóo mantén "baixo" o listón "do que merecen os galegos".

Así mesmo, Pontón expresou o seu "asombro e indignación" porque o socialista Pedro Sánchez "copie" o "mesmo argumentario" do PP para "rexeitar a transferencia da AP-9" alegando o "absurdo" de que esta infraestrutura "non pode pasar a titularidade galega porque conecta con Portugal".

Neste sentido, convidou ao presidente do Goberno e ao ministro de Fomento, José Luís Ábalos, a "facer en coche o traxecto Vigo-Portugal para que se sitúen no mapa das infraestruturas" da Comunidade.

En canto á chegada da AVE a Galiza, a nacionalista asegurou que non houbo "nada novo" por mor da reunión, "máis aló de confirmar a data de 2019", a "última dunha larguísima restra de aprazamentos".

"Moito ruído e poucas noces, moita expectativa que se salda con cero novos logros para Galiza e deixa en evidencia a falta de ambición dun presidente preso do seu propio pasado de subordinación a Madrid", sentenciou Pontón.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta