Caballero (PSdeG) destaca o "compromiso con Galicia" de Sánchez tras o "desprezo" de Rajoy e o "silencio" de Feijóo

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou este martes o "compromiso con Galicia" do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tras anos de "desprezos" do expresidente Mariano Rajoy e o "silencio cómplice" do xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2018 | Actualizada ás 22:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou este martes o "compromiso con Galicia" do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tras anos de "desprezos" do expresidente Mariano Rajoy e o "silencio cómplice" do xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo.

Así o expresou o líder dos socialistas galegos ao termo da reunión de Sánchez co presidente da Xunta na Moncloa este martes, segundo informou o PSdeG nun comunicado.

Neste contexto, Caballero valorou que o dirixente do Goberno central ratificase que a AVE chegará a Galicia "nos prazos previstos" e que "mostrase a súa sensibilidade cos afectados pola explosión de Tui".

Ademais, o secretario xeral do PSdeG contrapuxo o "avance" de Pedro Sánchez nos asuntos "máis relevantes" para Galicia "co tempo perdido" de Mariano Rajoy, que deixou "sen executar máis de 2.000 millóns de euros" asignados á Comunidade nos Orzamentos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Lástima non ver os mesmos AVANCES na xestión do seu tío Abel logo de 11 anos á fronte do Concello de Vigo !!! Hoxe, 18 de xullo, VigoDenuncia remitiu o seu "informe particular" ao Pleno do Concello de Vigo... Aquí tedes o texto íntegro por se alguén é quen de albiscar algún AVANCE da Casa Socialista en Galicia !!! https://www.noticiasvigo.es/opinion...