Temas: INCENDIOS

Galicia incorpora 11 novas motobombas para a loita contra os incendios, por importe de 2,3 millóns

Medio Rural subscribiu un contrato de subministración de 11 motobombas para a prevención e defensa contra os incendios forestais, que se incorporarán aos diferentes distritos galegos. O importe da contratación ascende a 2,3 millóns de euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2018 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural subscribiu un contrato de subministración de 11 motobombas para a prevención e defensa contra os incendios forestais, que se incorporarán aos diferentes distritos galegos. O importe da contratación ascende a 2,3 millóns de euros.

Camións motobombas
Camións motobombas | Fonte: urovesa.es

Os vehículos contan cunha bomba de auga para a extinción e inclúen diferentes melloras no equipamento, como a montaxe dun cabrestrante de accionamento hidráulico integrado na defensa dianteira con dous mandos de manexo, capaz de exercer unha forza de tracción de oito toneladas en tiro directo.

Tamén incorporan 200 litros de aumento da capacidade de auga da cisterna sobre os 4.000 litros de capacidade útil que indicaba o prego de prescricións técnicas.

A contratación destas motobombas está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo 2014-2020. Nas condicións establécese que o prazo de entrega é de 14 semanas desde a firma do contrato.

Desde o ano 2009, segundo Medio Rural, renováronse un total de 55 motobombas para os distritos forestais e 42 para os municipios de Galicia. En total, hai unhas 360 motobombas integradas no Plan de prevención e defensa contra vos incendios forestais de Galicia (Pladiga), das cales 158 son dos distritos e o resto de concellos, parques comarcais e municipais.

Este anuncio prodúcese despois de que este martes Medio Rural explicase que 20 das 88 cámaras coas que a Xunta vixiará o monte galego para disuadir aos incendiarios, pero tamén para detectar lumes e favorecer unha mellor coordinación dos medios de extinción, están xa operativas.

Así mesmo, tamén este martes tivo lugar na base General Morillo de Pontevedra a presentación da 'Operación Centinela Gallego 2018', coa que as Forzas Armadas colaboran cada ano na prevención e loita contra os incendios forestais na comunidade.

Temas: INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

E gastan 17 millons de euros nun edificio do mausoleo Fraga...na cidade da inCultura. Bravo, a PPodremia son os mellores xestores.