Temas: TéXTIL FOLGA

8.000 traballadores do téxtil galego convocados á folga por CC OO este xoves

O sindicato reclama establecer un salario mínimo de 14.000 euros anuais e pactar unha subida salarial do 2%.

Por E.P. | MADRID | 18/07/2018 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

Unsn 90.000 traballadores da industria téxtil e da confección, 8.000 deles en Galicia, están chamados a secundar este xoves, 19 de xullo, a folga convocada por CC.OO. para reclamar o establecemento dun salario mínimo de 14.000 euros anuais, pactar unha subida salarial do 2% e regular a quinta quenda.

Tenda roupa
Tenda roupa

Galicia, Cataluña e Comunidade Valenciana acollen unha parte importante das 6.500 empresas que ten o sector repartidas por España, entre as que figuran Adolfo Domínguez, Carolina Herrera, Pronovias ou Ermenegildo Zegna. Así, o sindicato convocou varias concentracións ante a sede das empresas do sector e nas comarcas que concentran unha parte importante da actividade.

En Galicia, á primeira hora haberá concentracións nas empresas do téxtil e da confección como Inditex, Adolfo Domínguez, Téxtil Lonia e Selmark. Tamén se sumará o persoal de Inditex, a pesar de que conta cun pacto de empresa propio. Ás 6,30 horas, CC.OO. convocou aos seus delegados e delegadas ante a Unión Comarcal da Coruña. Previamente, o sindicato fixou outro punto de encontro na rotonda de acceso ao Polígono de Valadares de Vigo e no de Sabón, en Arteixo.

"Agora que chega a recuperación económica, xa basta de perder diñeiro: É hora de mellorar", sinalou o secretario de CC.OO-Industria de Galicia, Cristóbal Álvarez, quen indicou que o sindicato pretende chamar a atención sobre os "soldos de miseria" qeu cobran as mulleres, que son a inmensa maioría do persoal deste sector. A reivindicación salarial é chegar a un soldo mínimo de 14.000 euros anuais, tal e como recolle o IV Acordo de Emprego e Negociación Colectiva (AENC), asinado a principios deste mes. Mínimo, 933 euros ao mes con 15 pagas fronte aos 827 euros, explica.

OUTRAS LOCALIDADES

Pola súa banda, na localidade catalá de Sabadell acollerá unha concentración ás 11,00 horas ante o centro comercial do Corte Inglés para avanzar desde este punto en manifestación até o Gremio de Fabricantes do Téxtil. Na Comunidade Valenciana, os traballadores da industria téxtil concentraranse ás 11.00 horas en Ontiyent, onde se atopa a sede da Asociación de Empresarios Téxtiles da Comunidade Valenciana (ATEVAL). Previamente realizaranse concentracións nas empresas.

En Madrid, unha manifestación percorrerá desde as 11.00 horas a principal zona comercial da capital. A protesta partirá da Praza do Callao e finalizará na Porta do Sol, após percorrer a rúa Preciados. En Málaga e Córdoba haberá tamén concentracións ás 12,00 horas nas confederacións de empresarios.

"ESPECIALMENTE REMISAS"

Segundo CC.OO., o Consello Intertextil Español e a Federación Española de Empresas da Confección (FEDECON) mostráronse "especialmente remisas" a fixar no convenio un salario mínimo de 933 euros ao mes. Pola súa banda, as asociacións patronais do sector do téxtil consideran que "non hai motivo coherente" que xustifique a folga convocada en solitario por este sindicato.

En concreto, as patronais precisaron que após medio ano de negociacións a última oferta recolle un incremento salarial "adecuado ás circunstancias do sector" e da economía en xeral (2% para 2018 e 2019 e 1,8% para 2020), unha cláusula que garantía a recuperación de até 0,5 puntos da inflación e un día de libre disposición suplementario a partir de 2020, ademais do incremento do salario mínimo de convenio do 3% anual.

Temas: TéXTIL FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta