A Deputación de Lugo reivindica ter creado 300 postos de traballo

Asegura ser a administración galega que máis inviste neste ámbito na provincia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2018 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

A Deputación de Lugo reivindica a xeración de 308 novos postos de traballo en 63 concellos co seu programa de emprego 'Depuemprego': 72 na Mariña, 70 en Lemos e Chantada, 40 na Montaña, 39 na Terra Chá, 32 na comarca de Lugo, 27 na de Sarria e 28 na Ulloa.A deputada de promoción económica do organismo provincial, Sonsoles López Izquierdo, asegurou este mércores que esta é a administración galega "que máis inviste na xeración de emprego" na provincia. Cos dous programas de emprego, 'Depuemprego' e 'Ben Empregado', destacou que a investimento se eleva até os case 20 millóns de euros, que permiten a xeración (nos dous últimos anos e medio) de 1.500 novo empregos na provincia. "Convértenos, sen ter competencias, na administración galega que máis inviste na xeración de emprego" en Lugo, subliñou.

Presentanción balance DepuEmprego. DEPUTACIÓN DE LUGO
Presentanción balance DepuEmprego. DEPUTACIÓN DE LUGO | Fonte: Europa Press

López Izquierdo presentou unha nova edición do 'Depuemprego', dirixido aos municipios de menos de 20.000 habitantes, cuxo custo (3,5 millóns de euros) asume o goberno provincial e co que se pretende xerar "308 novos postos de traballo". A selección correrá a cargo dos consistorios, aínda que a deputada aclarou que "o financiamento está feito en base a criterios totalmente obxectivos, como pode ser a taxa de paro, a superficie, as entidades de poboación e núcleos poboacionais".

Así as cousas, desde este mércores ábrese a solicitude para os 37 primeiros postos, nos municipios de Begonte, Castroverde, Meira, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, A Pobra do Brollón e As Nogais. "Os perfís están ben explicitados nos propios concellos, que son os que van facer o proceso de selección, e na páxina web da Deputación. Desde a Deputación fináncianse os postos de traballo, pero o proceso de selección faise nos concellos", remarcou. Desta maneira, aínda quedan os outros 271 postos de traballo, que unha vez que se poñan en marcha os procesos selectivos dos consistorios serán anunciados "nos próximos días".

"EMPREGO DE CALIDADE"

A deputada de promoción económica destacou que "a xeración de emprego de calidade na provincia é un dos alicerces das políticas que desenvolve a Deputación de Lugo"."Non en balde, no programa 'Depuemprego' do últimos tres anos investíronse 6,6 millóns de euros que permitiron a creación de 533 novos empregos, que engadidos a esta edición suman 10 millóns de euros, que permiten a xeración de 831 novos postos de traballo", expuxo.

Ademais de 'Depuemprego', nestes dous últimos anos e medio puxéronse en marcha outro tres programas do 'Ben Empregado', cos que se investiron case 9 millóns de euros e xeráronse 600 novos empregos, "reforzando o tecido empresarial e asociativo lucense, ademais de reducir instantaneamente a taxa de paro", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta