O alcalde de Ferrol sobre o anuncio das fragatas F110: "podería terse producido antes"

O rexedor ferrolán mostra a súa satisfacción pola noticia e espera "que se poida reverter a situación" da construción naval.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2018 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, comentou que o anuncio realizado polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre o inicio da construción das fragatas F-110 en Navantia debería producirse "moito antes".

Jorge Suárez. Europa Press - Archivo
Jorge Suárez. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

O rexedor tamén se lamentou na mañá deste mércores da "falta de orzamento" que houbo para este proxecto, o que suporá que os estaleiros da ría de Ferrol "estean baleiros un ano ou un ano e medio", pero que esta noticia "se debe celebrar positivamente".

Ao mesmo tempo, Suárez lembrou os 5.000 postos de traballo que se perderon nestes últimos anos no sector da construción naval, no que as condicións laborais "son cada vez máis precarias", sen esquecerse da industria auxiliar "con xornadas maratonianas e salarios precarios", unha situación que se podería "reverter" co inicio da construción destas fragatas.

Ademais, o alcalde de Ferrol cualificou esta noticia de "importante" e volveu a apoiar o proxecto do estaleiro 4.0 en Navantia Ferrol, consistente nun novo dique cuberto, podendo ser unha solución a longo prazo "para a perda demográfica da cidade e para a perda de poder adquisitivo das familias máis desfavorecidas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta