Temas: TURISMO ALUGUER

O Goberno revisará a normativa sobre vivendas de aluguer turístico

As autonomías esixirán ás plataformas de aluguer o rexistro das súas vivendas ou haberá sanción, asunto que a Xunta ve "positivo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2018 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

A ministra de Industria, Turismo e Comercio, María Reyes Maroto, declarou que existe unha "indefinición xurídica" en relación á vivenda de aluguer turístico en España e que o Goberno se compromete a acoutar esa definición mediante un diálogo "consensuado" para facilitar a acción normativa que presentan como competencia as comunidades autónomas. "O Goberno non se compromete a cambiar a normativa, senón a revisala", sinalou a ministra despois de presidir a Conferencia Sectorial de Turismo.

Vivenda
Vivenda

Reyes Maroto asegurou que o seu obxectivo é aclarar a definición de vivenda de aluguer turístico que recolle a Lei de Arrendamentos Urbanos mediante unha vocación ao "diálogo e consenso", co fin de axilizar o proceso e que a proposta chegue ao Congreso "facilmente". Con todo, matizou que a normativa que rexe expresamente o funcionamento das vivendas de aluguer turístico regúlase fóra da Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU) e é competencia autonómica, polo que o Goberno non se compromete a cambiala.

Neste sentido, o conselleiro de Cultura, Turismo e Deportes da Comunidade de Madrid, Jaime dos Santos, asegurou que as comunidades reflexionarán sobre a normativa e sancionarán a aquelas plataformas que ofrezan servizos de vivendas sen rexistro, como foi o caso da multa de 300.000 imposta por parte do Govern balear á plataforma Airbnb. Reyes Maroto expresou que se celebrará unha reunión aberta en setembro á que se convida a todos os membros do sector e na que se detallará o camiño a adoptar para clarificar a seguridade xurídica dos axentes turísticos.

MELLORA DA CALIDADE DE TRABALLO NO SECTOR HOSTALEIRO

Outro dos temas tratados na conferencia foi a mellora da calidade do traballo no sector da hostalaría. En relación a este punto, a ministra dixo que existe un Plan Director de Explotación Laboral, aínda en borrador, que trata asuntos "clave" para os empregados do sector turismo.

Entre eles, destacou o evitar que na externalización dalgúns servizos, como o das camareiras de piso, se perdan os dereitos dos traballadores, un tema asegurou estase xa debatendo no Congreso e que expón a modificación do artigo 42.1 do Estatuto dos Traballadores para o mes de setembro. A ministra fixo fincapé tamén no recoñecemento de enfermidades profesionais que sofren colectivos do sector, tales como trastornos músculo-esqueléticos aínda non recoñecidos.

CATRO MESAS DE TRABALLO

A ministra fixo referencia na súa comparecencia á creación de catro grupos de traballo que confía en que lograrán avances "importantes" para o sector. Entre eles, Reyes Maroto destacou a mellora na estatística e dixitalización na utilización dos datos, co fin de coñecer mellor aos visitantes que veñen a España e aos que o país non recibe, para incidir nas súas causas e atender as necesidades daqueles que non veñen. Outras mesas de traballo se focalizarán en relación ás axencias de viaxes, as estratexias de mercadotecnia dixital e ao caso particular das vivendas turísticas.

A XUNTA VEO "POSITIVO"

A directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, tamén participou na conferencia sectorial e viu "positivo" a intención de harmonizar as normativas destas vivendas en todo o territorio español. Deste xeito, segundo indicou a Xunta nun comunicado, se garanzitará a convivencia entre veciños e combaterase a economía mergullada e a competencia desleal. Así as cousas, Turismo de Galicia lembrou que, sen necesidade dunha modificación das competencias territoriais, o Goberno central debe estudar a realidade actual na que se desenvolven con criterios e resultados "diversos" os diferentes regulamentos autonómicos e locais.

Ademais, a Administración galega instou ao Executivo español a establecer marcos normativos con "comunicación e transparencia": "É importante que as plataformas que anuncian este tipo de opción de aluguer turístico informen de forma transparente sobre a súa oferta e colaboren coas administracións para que toda a oferta que comercialicen desde as súas páxinas estea legalmente rexistrada".

Temas: TURISMO ALUGUER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 JulioG

Me parece una medida lógica y totalmente acertada, ya que alojarse mucho más barato siempre es una de las opciones que uno busca cuando viaja y el uso de plataformas cómo Airbnb, Wimdu y otras tantas están siendo un autentico calvario para el sector turístico y para hacienda. Era algo que tarde o temprano se tenia que hacer. Es una plataforma que cada vez se está utilizando más y más, de manera que le ha quitado mucho mercado al sector hotelero siendo su principal competidor.