López-Rioboo sinala que se investiga se a morte dunha muller na Coruña foi violencia de xénero

O TSXG informou que está destacartado que o home detido pola morte da súa muller pase este xoves a disposición xudicial

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2018 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

A Subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, asegurou que se mantén aberta a investigación iniciada por mor da morte dunha muller, de 57 anos de idade, este mércores na cidade da Coruña a mans do seu marido, de 54 anos, e que aínda non se pode confirmar que se tratou dun crime de violencia de xénero.

Sede Do Tribunal Superior De Xustiza
Sede Do Tribunal Superior De Xustiza

Pilar López-Rioboo informou que se activaron os protocolos previstos para casos de violencia machista pero que este extremo aínda non está confirmado e que se manteñen abertas outras vías de investigación. Así, aseverou que "desde un principio se activaron os protocolos que están previstos para estes casos", aínda que precisou que a investigación continua  aberta. "Esta morte está a investigarse, e aínda non podemos determinar se será considerada como violencia de xénero ou non", afirmou.

López-Rioboo transmitiu ademais o seu pésame polo falecemento da muller, ocorrido, segundo fontes da Policía Nacional, a consecuencia de feridas de arma branca a mans do seu marido, un home de 54 anos, na vivenda que compartían na rúa da Estrela, na Coruña.

"En primeiro lugar, lamentar esta morte, transmitir as condolencias no meu nome propio e no nome do Delegado do Goberno e do Goberno de España", manifestou. Aínda que os axentes activaron o protocolo por crime machista, desde un primeiro momento fontes consultadas apuntaron que existían distintas cuestións que terían que ser verificadas antes de confirmar este suposto.

Segundo se indicou, investígase se a vítima padecía unha grave enfermidade, e sténtase verificar se se produciron episodios previos de autolesión. Desde a Delegación do Goberno confirmouse que non constaban denuncias previas da muller contra o marido. Cando os axentes acudiron á vivenda na que se produciu o crime, a casa estaba en aparente orde e, a primeira ollada, non se detectaba rastro de pelexa.

O DETIDO NON PASARÁ ESTE XOVES A DISPOSICIÓN XUDICIAL

Fontes do TSXG informaron que está descartado que durante este xoves pase a disposición xudicial o home arrestado pola morte da súa muller, e que permanece detido no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), á espera de que se proceda á súa valoración, segundo indicaron fontes da Policía Nacional, aínda que non se determinou se se trata dunha avaliación médica ou psicolóxica.

En canto finalice esa avaliación, prestará declaración ante a Policía Nacional, nas dependencias de Lonzas, aínda que non se concretou se o traslado terá lugar durante este xoves.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta