Vázquez: "hai fotos que hai que explicar, como a de Rajoy"

O secretario xeral do PSdeG insiste en pedirlle ao PP que explique que facía o líder do PP nun barco propiedade dun coñecido clan de narcotraficantes da Arousa.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/04/2011 | Actualizada ás 00:08

Comparte esta noticia

Nas últimas semanas, PSdeG e PPdeG están xudicializando a vida política. Os populares acusan aos socialistas de utilizar cartos públicos para pagar a Unións Agrarias e o PSdeG contraataca pedindolle explicacións por fotografías nas que se ve ao líder do PP, Mariano Rajoy, a bordo do Moropa, presuntamente relacionado co tráfico de cocaína na comarca da Arousa.

"Hai fotos que habería que explicar, como a de Mariano Rajoy que ninguén explicou", dixo este domingo Pachi Vázquez en relación as fotografías publicadas polo diarios Público e Xornal de Galicia e que, no caso deste último, precipitou a saída do seu director, José Luis Gómez.

O líder socialista insistiu, nunha entrevista na Cadena Ser, que alguén no PP, en referencia a Rajoy e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deberían explicar porque o presidente do PP estaba abordo dese barco. Precisamente, nin Rajoy, nin Feijóo respostaron a esta cuestión a pesar de ser preguntados expresamente por iso.

"Deshonrosa oposición"


De feito, o xefe do Executivo galego, lonxe de respostar, aproveitou a pregunta sobre a famosa foto para atacar ao PSdeG e acusalo de practicar unha "deshonrosa oposición" desde que están na oposición en Galicia e reprochoulle ao secretario xeral do PSdeG unhas acusacións que fixo contra el hai unhas semanas. "O tipo de oposición de aí, aí non é a oposición que necesita Galicia", sinalou ao referirse ás palabras de Pachi Vázquez de que "Feijóo e o narcotráfico estaban aí, aí".

"Esas declaracións as relacionei con datos que estaban naquel momento aí", respostoulle este domingo Pachi Vázquez. "Hai un delegado de Medio vinculado con estes datos que aínda non explicaron por que o destituíron", dixo en alusión a Evaristo Juncal, líder do PP de Calgas e que, presuntamente, vendeu varias empresas até a tres dirixentes do narcotráfico, incluídos Sito Miñanco e Pablo Vioque.

Vázquez tamén lle reprochou ao PP que relacione ao PSdeG cun suposto desvío de fondos públicos para o financiamento ilegal deste partido e advertiu; "está claro que o PP vai ter que render contas diante dun xuíz do que está a facer contra o partido e contra quen o di, ou sexa, os responsables: o presidente do partido que é Feijóo, e quen o di, o seu voceiro --en referencia a Antonio Rodríguez Miranda--".

None

Vídeo

Ademais das fotos publicadas por Público e por Xornal, Galicia Confidencial deu a coñecer, en exclusiva, un vídeo no que se ve a Rajoy dando unha rolda de prensa no Moropa.

O actual candidato a alcalde de Cambados polos conservadores, que foi oito anos  xerente da lonxa e que estivo con Rajoy no mesmo acto de campaña no que subiu ao Moropa, non lle advertira desta situación, como relata esta crónica de La Voz.

Rajoy subiu ao Moropa durante un acto das eleccións europeas de 2009, acto centrado precisamente en reivindicacións do sector do mar. E é que polo menos, dende 2006, a prensa local falaba abertamente da vinculación dos donos do Moropa co tráfico de cocaína. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

9 CranioF

Non ten maior importancia. Unha metedura de pata e punto. Ben sabemos que Rajoy non ten ningún interés cos narcos. Non é un personaxe que me agrade demasiado, pero non lle dou importancia a isto.

1 Porco Jones

Cranio, a alcahueta de corruptos oficial deste foro é a Manola, non tentes quitarlhe o título, please.

2 eby8

O mellor e deixarse de ostias, buscar o xeito de que os narcos podan legalmente ser socios desas empresas que chaman partidos politicos aínda que non se legalicen as drogas, e logo non se vende tábaco nos bares e máis non se pode fumar niles? pois logo, non é legal vender droga máis si o é cos cartos da súa venda invertir en política...kaínda estamos aprendendo ostia..

3 eby8

ah e por certo cranio, o que lle des importancia ou non é o de menos, o pior é a pouca importancia que iles lle dan a túa preocupación...ánimo segue así de activo

8 faneca brava

moi bo o de Rajoi co de controlar as importasions a bordo de semellante barco...¿non sabia(ou si sabian os do alrededor)a que tipo de importasions se dedican? Pasa esto en calquer lujar de Europa e xa veriades a que se montaba e no noso pais ainda lle aplauden .......

7 mansdodemo

Tiran co director do Xornal por unhas fotos comprometidas para o PP. Isto é......que esta democracia, aínda ten pouca madurez.

6 ANTON

Ten razón o Sr. Blanco. a este os seus amigiños, non van a deixale presentar as eleccions. Pinta mal Sr. Rajoy. Esto é o que ten ter Amizades peligrosas. Non só por os narcos, albondiguillas, Crespo e Telmos, si non por estar coa extrema dereita Ibera, que van a darte unha patado no cú, por "GALLEGO". Penso que este non chega o nadal.

5 xanciño

E lamentable tamén o de xornal de Galicia. Botan ao director e, de súpeto, desaprece calquera referencia a el ou ás famosos fotos que eles publicaron case en exclusiva. Vese que o señor de San José xa puxo a maquinaria a traballar para o PP.

1 Un de Redondela

É que nin sequera puidemos ler no Xornal un só comentario sobre o asunto dalgún dos lectores. E estou seguro de que os houbo mais foron censurados. Unha vergoña. Este é o estado da democracia e das liberdades neste paisiño noso.

2 Un de Redondela

É que nin sequera puidemos ler no Xornal un só comentario sobre o asunto de ningún dos lectores. E estou seguro de que os houbo mais foron censurados. Unha vergoña. Este é o estado da democracia e das liberdades neste paisiño noso.