Vázquez: "hai fotos que hai que explicar, como a de Rajoy"

O secretario xeral do PSdeG insiste en pedirlle ao PP que explique que facía o líder do PP nun barco propiedade dun coñecido clan de narcotraficantes da Arousa.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/04/2011 | Actualizada ás 00:08

Comparte esta noticia

Nas últimas semanas, PSdeG e PPdeG están xudicializando a vida política. Os populares acusan aos socialistas de utilizar cartos públicos para pagar a Unións Agrarias e o PSdeG contraataca pedindolle explicacións por fotografías nas que se ve ao líder do PP, Mariano Rajoy, a bordo do Moropa, presuntamente relacionado co tráfico de cocaína na comarca da Arousa.

"Hai fotos que habería que explicar, como a de Mariano Rajoy que ninguén explicou", dixo este domingo Pachi Vázquez en relación as fotografías publicadas polo diarios Público e Xornal de Galicia e que, no caso deste último, precipitou a saída do seu director, José Luis Gómez.

O líder socialista insistiu, nunha entrevista na Cadena Ser, que alguén no PP, en referencia a Rajoy e ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deberían explicar porque o presidente do PP estaba abordo dese barco. Precisamente, nin Rajoy, nin Feijóo respostaron a esta cuestión a pesar de ser preguntados expresamente por iso.

"Deshonrosa oposición"


De feito, o xefe do Executivo galego, lonxe de respostar, aproveitou a pregunta sobre a famosa foto para atacar ao PSdeG e acusalo de practicar unha "deshonrosa oposición" desde que están na oposición en Galicia e reprochoulle ao secretario xeral do PSdeG unhas acusacións que fixo contra el hai unhas semanas. "O tipo de oposición de aí, aí non é a oposición que necesita Galicia", sinalou ao referirse ás palabras de Pachi Vázquez de que "Feijóo e o narcotráfico estaban aí, aí".

"Esas declaracións as relacionei con datos que estaban naquel momento aí", respostoulle este domingo Pachi Vázquez. "Hai un delegado de Medio vinculado con estes datos que aínda non explicaron por que o destituíron", dixo en alusión a Evaristo Juncal, líder do PP de Calgas e que, presuntamente, vendeu varias empresas até a tres dirixentes do narcotráfico, incluídos Sito Miñanco e Pablo Vioque.

Vázquez tamén lle reprochou ao PP que relacione ao PSdeG cun suposto desvío de fondos públicos para o financiamento ilegal deste partido e advertiu; "está claro que o PP vai ter que render contas diante dun xuíz do que está a facer contra o partido e contra quen o di, ou sexa, os responsables: o presidente do partido que é Feijóo, e quen o di, o seu voceiro --en referencia a Antonio Rodríguez Miranda--".

None

Vídeo

Ademais das fotos publicadas por Público e por Xornal, Galicia Confidencial deu a coñecer, en exclusiva, un vídeo no que se ve a Rajoy dando unha rolda de prensa no Moropa.

O actual candidato a alcalde de Cambados polos conservadores, que foi oito anos  xerente da lonxa e que estivo con Rajoy no mesmo acto de campaña no que subiu ao Moropa, non lle advertira desta situación, como relata esta crónica de La Voz.

Rajoy subiu ao Moropa durante un acto das eleccións europeas de 2009, acto centrado precisamente en reivindicacións do sector do mar. E é que polo menos, dende 2006, a prensa local falaba abertamente da vinculación dos donos do Moropa co tráfico de cocaína. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

4 Manolo 2

Lamentable la imagen que da Rajoy ultimamente

3 Faldo

A resposta é moi fácil: "Como esos rojos nacionalistas de mierda, radicales, antipatriotas, batasunos y desleales no le dejaron hacer la goleta a mi amigo el jefe de Puertos de Galicia, tuve que subirme al primer barco que encontré".

2 marinela

E non só hai q explicar as fotos. Non estaría mal explicar tamén as "dimisións fulminantes" q parecen derivarse da publicación desas fotos. Con ser graves as dúas cousas, paréceme moito máis grave o segundo q o primeiro

1 ANTON

Sempre igoal, sempre preto dos KinKis, Si non e unha cousa e outra. Si non e Co excmo. Mario Conde, estan cos narcos. Si non esta os Crespos, si non estan co Telmo. Non hay uno bo.