Ferida unha muller tras ser atropelada por un turismo en Ordes

Unha muller de 90 anos resultou ferida de consideración tras ser atropelada por un turismo na localidade de Ordes (A Coruña), ao redor das 20,00 horas deste xoves, á altura do punto quilométrico 30 da N-550.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2018 | Actualizada ás 10:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha muller de 90 anos resultou ferida de consideración tras ser atropelada por un turismo na localidade de Ordes (A Coruña), ao redor das 20,00 horas deste xoves, á altura do punto quilométrico 30 da N-550.

Segundo informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia, varios particulares alertaron do sucedido e solicitaron asistencia urxente para unha muller que fora alcanzada por un vehículo.

Desde o 112 comunicouse o aviso aos profesionais sanitarios que se encargaron do traslado da muller ferida para ser atendida das lesións que presentaba. Segundo informou o 061 trátase dunha muller de 90 anos, M.V.S. Até o lugar desprazouse unha ambulancia asistencial e un médico da PAC.

Así mesmo, pediuse a colaboración dos axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico co fin de aclarar as circunstancias nas que se produciu o sinistro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta