Nace embaixada.gal: un punto de encontro da emigración galega, semente da mestizaxe

Os días 20, 21 e 22 de xullo celebrarase un primeiro encontro e a presentación oficial da embaixada.gal, dentro das instalacións municipais do Centro Sociocultural do Romaño, en Santiago de Compostela.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela a | 20/07/2018 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

"...A galeguidade é o mellor xeito que temos e sabemos estar neste mundo globalizado e desde ela, tecer coma redeiras afanadas na amorosa tarefa de coser todos os nós que nos unen con outros pobos e con outros humanos e outras paisaxes...". Así di o Manifesto por unha embaixada galega da embaixada.gal, unha asociación que xorde da diáspora galega na Europa do século XXI.

Emigrantes
Emigrantes | Fonte: Vivir Galicia

Os días 20, 21 e 22 de xullo celebrarase un primeiro encontro e a presentación oficial da embaixada.gal, dentro das instalacións municipais do Centro Sociocultural do Romaño, en Santiago de Compostela. Entre as actividades programadas, varios integrantes da asociación, procedentes de diversos países de Europa, ofrecerán unha charla-debate sobre a situación actual do fenómeno migratorio este venres partir das 8 da tarde. 

O seu evento de presentación forma parte do calendario de actividades das Festas do Apóstolo e mais do Día da Patria. Esta asociación, anagrama do tamén nacente Observatorio da Nova Diáspora (ONDA), pretende ser un punto de encontro permanente para unha emigración que quere mostrar a semente que nace da mestizaxe entre varios mundos, nas sociedades de acollida. 

Ademais, embaixada.gal é unha "plataforma informativa e participativa creada por galegos e galegas de diferentes puntos de Europa e de Galicia, ben por morriña, ben por unha gran necesidade de achegas ás novas propostas da diáspora moderna e compartir a cultura e a fala galega por tódolos currunchos dos países de acollida sen perder o vínculo con Galiza", din os creadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta