Falece un home de 85 anos tras ser atropelado por un turismo en Marín

O sinistro ocorreu na rúa Jaume Janer ao redor das 10,05 horas deste venres.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2018 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

Un home de 85 anos faleceu tras ser atropelado por un turismo na rúa Jaime Janer de Marín (Pontevedra), nun sinistro ocorrido ao redor das 10,05 horas deste venres, segundo informaron fontes do servizo de emerxencias do 112 Galicia.

Imaxe do centro urbano de Marín
Imaxe do centro urbano de Marín | Fonte: foto wikimediaCCPR

Varios particulares alertaron ao 112 do accidente e solicitaron atención urxente. O atropelo produciuse á altura do número 40 da rúa Jaime Janer. Desde o 112 trasladouse o aviso ao servizo sanitario de urxencia e á policía local. Tamén se informou aos bombeiros, aínda que non foi necesaria a súa intervención.

O 061 enviou até o lugar unha ambulancia asistencial, un médico de atención primaria e unha ambulancia medicalizada. Realizáronselle manobras de reanimación cardiopulmonar ao home de 85 anos, F.O.B., pero finalmente confirmouse o seu falecemento no lugar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta