O regalo da tumba á familia Franco pode ser "revocable"

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, deu a coñecer este venres a aparición dos documentos públicos, datados en 1967, polos que o Concello de Ferrol regalou á familia Franco un nicho no cemiterio público de Catabois.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2018 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

A acta, asinada polo aquel entón alcalde Rogelio Cenamor Ramos, recolle que esta cesión foi un agasallo "a un fillo ilustrísimo da cidade", segundo afirmou Jorge Suárez, e no que consta que están actualmente enterradas catro persoas da familia Franco.

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.. Europa Press - Archivo
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.. Europa Press - Archivo | Fonte: Europa Press

O rexedor ferrolán confirmou que o seguinte paso do Consistorio será comprobar se os seus actuais propietarios están ao corrente de pagos, porque se non o están "procederase á revogación do nicho", e no caso de que si o estivesen "se pode demostrar que esta concesión non foi realizada de maneira regular", unha circunstancia "que vai en contra da Lei de Memoria Histórica".

Unha vez realizado o procedemento de revogación e no caso de que a familia Franco queira trasladar os restos do ditador a Ferrol, o rexedor afirmou que "se trata dun asunto da familia", pero "terá que seguir os trámites ordinarios". Ao mesmo tempo, Jorge Suárez lembrou que non quere que o cemiterio público de Catabois "se converta nun lugar de peregrinaxe", como tampouco quere "que se produzan actos vandálicos no cemiterio."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 OUTRA IDEA DO PODREIRO

O MOI MALDITO QUERE TRAER O MOMIO DO ASASINO FRANCO A GALIZA!!!!- asi e como o comunistas do podreiro preparan o 25 de xullo, ameazando coa peor das plagas o pobo galego, o que tedes que facer e sácar o chuchasangues e queimalo inmediatamente, facer un churrasco despois pasade a varredoira sobre as cinzas e tiralas por ahí diante, asi remata o problema, non traían o momio non traían o demo, non traían o xefe do horror!!!! LEMBRADE OS 6 MIL ASASINADOS NA GALIZA!!!!... o alcalde mareante debe xa dimitir inmediatamente xa que ama tanto o francisco o paco a rá- IMAXE DO ALCADABLE DO HIERROL FALANDO CO FRANCO - https://www.youtube.com/watch?v=8hZ...