Contas detecta "atrasos" en programas con fondos europeos

Sería no período 2014-2016. Consideran que foron debidos á lentitude de Bruxelas. A Xunta reduciu en 2016 "por primeira vez" nos últimos exercicios o crédito inicial do diñeiro vido de Europa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2018 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

O Consello de Contas detecta "atrasos" na posta en marcha e execución dos programas operativos do plan estratéxico de Galicia 2015-2020, nos exercicios iniciais, debido á dilación na negociación e aprobación do marco 2014-2020. De feito, no seu informe de fiscalización de fondos europeos correspondente ao exercicio de 2016, Contas remarca que a comunidade galega, como o resto de rexións europeas, viuse afectada por esa dilación.

Comisión do Consello de Contas
Comisión do Consello de Contas

"O plan estratéxico de Galicia 2015-2020 non foi tampouco alleo a estas incidencias", sinala, e apunta que "como consecuencia se produciron atrasos na posta en marcha e execución dos seus programas operativos nestes exercicios iniciais". Por iso, explica que "se tiveron que efectuar reasignacións financeiras entre exercicios na maioría dos programas". Este informe e outros nove foron entregados este venres polo conselleiro maior de Contas ao presidente do Parlamento, xunto á memoria anual do ano 2017.

"DIFICULTADE NA POSTA EN MARCHA"

O documento constata que no exercicio 2016 aumenta "considerablemente" a presenza dos programas operativos relacionados co novo marco 2014-2020, e convértese en "residual" a presenza de proxectos vinculados ao marco operativo 2007-2013. No exercicio 2016, segundo establece o Consello, o crédito inicial total das 17 modalidades de fondos europeos alcanzou os 547,47 millóns de euros. Tras as modificacións, quedou en 534,75 millóns e reduciuse así "por primeira vez nestes últimos exercicios", un 7,08%.

As baixas de crédito contabilizadas durante o exercicio alcanzaron os 278,73 millóns e as modalidades con máis baixas están relacionadas co novo marco 2014-2020, o que, para o organismo fiscalizador, "pon de manifesto a dificultade na posta en marcha dos novos proxectos".

DEPARTAMENTOS E ORGANISMOS

En canto á execución orzamentaria dos diversos departamentos sectoriais, a Consellería do Medio Rural é a que ten maior presenza nos créditos vinculados a fondos europeos, con 343,36 millóns, un 64,21% do total dos departamentos. O seu nivel de execución fai que a media do conxunto dos departamentos aumente, destaca o informe, tanto en relación co crédito final, como á dispoñibilidade de crédito antes das baixas contabilizadas a día 31 de decembro.

Por outra banda, as axencias públicas son desde o punto de vista da súa natureza xurídica as entidades "máis dinámicas" na xestión de fondos europeos. Con todo, desde o punto de vista cuantitativo e debido ás funcións que ten legalmente asignadas, é o organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria a entidade que xestiona e executa o maior volume de fondos europeos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta