Rueda, Calvo e Ana Vázquez estarán no Comité Executivo Nacional tras a vitoria de Casado

Na rede social Twitter o PPdeG indica que Agustín Hernández, Elena Muñoz e Javier Dorado estarán na Xunta Directiva do PP.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2018 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

O Partido Popular de Galicia confirmou que o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o presidente do PP na Coruña, Diego Calvo, e a deputada por Ourense, Ana Vázquez Blanco, formarán parte do Comité Executivo Nacional, tras a vitoria de Pablo Casado no XIX Congreso Nacional Extraordinario celebrado en Madrid. Pasadas as dúas e media da tarde, na súa conta da rede social Twitter, o PPdeG, felicitou a Pablo Casado tras a súa elección como presidente nacional da formación, ao imporse por 451 votos, o 57,2% do total de sufraxios emitidos, á exvicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría.

Alfonso Rueda
Alfonso Rueda

"Felicidades ao noso novo presidente nacional, @pablocasado_. Conta co teu partido en Galicia para emprender o apaixonante reto que hoxe asumes #CongresoPP", recolle a publicación do PPdeG.

A continuación, o PPdeG redifundiu dous tuits de Pablo Casado: "Ao futuro non o esperas sentado, saiamos a conquistalo #IlusiónPorElFuturo", e "Non hai que ter medo a ensinar cal é o noso proxecto de mans brancas, petos baleiros, a mente clara e o corazón namorado de España. Viva o Partido Popular e viva España!". Tras isto, o Partido Popular de Galicia, que lidera o tamén presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recolle os nomes de representantes galegos que se incorporan ao Comité Executivo Nacional e á nova Xunta Directiva.

O Partido Popular de Galicia confirma así, como xa o anunciou Casado no discurso previo á votación, que o vicepresidente da Xunta e presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda; o presidente do PP na Coruña, Diego Calvo --tamén vicepresidente do Parlamento galego--, e a deputada no Congreso por Ourense, Ana Belén Vázquez, formarán parte do Comité Executivo Nacional. En canto á nova Xunta Directiva do PP, contará coa presenza do vicesecretario do PPdeG e presidente do PP de Santiago, Agustín Hernández; da presidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz, e do tamén vigués e ex presidente de Novas Xeracións en Galicia, Javier Dorado.

Nas redes sociais sucedéronse as felicitacións dalgúns estes representantes galegos, entre eles, Diego Calvo: "Desde xa, conta comigo e con @acorunapp para seguir recuperando esa ilusión que sempre guiou ao @PPopular #ElFuturoDeEspaña". Tamén Alfonso Rueda publicou, neste caso en galego, un tuit coa súa felicitación a Casado: "Noraboa. Hoxe empeza unha etapa ilusionante, que percorreremos todos xunt@s. Conta co @pontevedrapp. E grazas pola túa confianza!".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 O. Bejarano

A Bocachancla Tellado no lo quieren en ningún sitio