Morre dun fallo cardíaco un home de 71 anos nunha praia de Boiro (A Coruña)

Un home de 71 anos veciño de Ferrol faleceu na tarde do sábado por mor dun fallo cardíaco cando se bañaba nunha praia do municipio coruñés de Boiro.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2018 | Actualizada ás 11:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home de 71 anos veciño de Ferrol faleceu na tarde do sábado por mor dun fallo cardíaco cando se bañaba nunha praia do municipio coruñés de Boiro.

O suceso tivo lugar ás 19,00 horas do pasado sábado no areal de Barraña. O falecido bañábase nunha zona de pouca profundidade cando sufriu unha indisposición, segundo informaron a Europa Press fontes dos servizos de emerxencias.

Unha vez fóra da auga, os socorristas trataron de reanimar ao home, que estaba en parada cardio respiratoria. Chegados ao punto, os servizos de Urxencias Sanitarias 061 --que mobilizou unha ambulancia asistencial e o helicóptero con base en Santiago-- certificaron a morte do home, de 71 anos e veciño de Ferrol.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta