Alcalde de Ferrol: "Non permitiremos que trasladen os restos do ditador a un panteón obtido con privilexios"

Suárez cre que será máis fácil chegar a acordos co PSOE sen a presenza de Sestayo e tacha a Rey Varela de "covarde".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2018 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (Ferrol en Común), asegurou que o consistorio que dirixe "non permitirá" que a familia de Francisco Franco traslade os restos do ditador ao panteón que posúen na cidade no caso de que, finalmente, se exhumen para retiralos do Val dos Caídos. "Non imos permitir que trasladen os restos do ditador a un panteón que foi obtido a través de privilexios", remarcou o rexedor ferrolán este domingo nunha entrevista en Radio Nacional.

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.. EUROPA PRESS - Archivo
O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Jorge Suárez deu a coñecer o pasado venres a aparición dos documentos públicos, datados en 1967, polos que o Concello de Ferrol regalou á familia Franco un nicho no cemiterio público de Catabois. Con todo, afirma que esta autorización é "revogable". A acta, asinada polo aquel entón alcalde Rogelio Cenamor Ramos, recolle que esta cesión foi un agasallo "a un fillo ilustrísimo da cidade" e no que consta que están actualmente enterradas catro acodes da familia Franco.

Así, nunha comparecencia de prensa celebrada o pasado venres, Suárez indicou que o consistorio comprobará se os seus actuais propietarios están ao corrente de pagos, porque se non o están "procederase á revogación do nicho", e no caso de que si o estivesen "pódese demostrar que esta concesión non foi realizada de maneira regular", unha circunstancia "que vai en contra da Lei de Memoria Histórica".

"Unha vez se exhumen os seus restos deben ser entregados aos seus familiares e o que fagan con eles é unha cuestión do ámbito exclusivamente privado", remarcou este domingo o rexedor ferrolán, que aseverou que o nicho foi obtido polo Franco a través dos seus "privilexios, como os que tiña Carmen Polo cando viña a Ferrol en plan saqueo".

SITUACIÓN EN MAREA

Por outra banda, Suárez referiuse á situación interna que atravesa o espazo político de En Marea e recoñece que "as discrepancias" que existen no seo rupturista "non se poden negar", polo que ve "positiva" a proposta de Compostela Aberta para reformular o espazo e fomentar o diálogo entre as partes."Pode ser un punto de inflexión onde liquidar eses problemas que tan pouco interesan e tantas páxinas ocupan", remarcou en referencia á "mesa da confluencia" que expoñen os de Martiño Noriega.

"Temos discusións da Vida de Brian que sobre cal é a mellor fórmula xurídica ou o mellor envoltorio para o proxecto que todos temos na cabeza", incidiu, para logo sinalar que "as discusións de bandos non levan a ningún sitio".

A "UNIDADE POPULAR" E O PSOE

A menos dun ano para as municipais nas que Suárez tratará de conseguir o que ningén logrou nunca antes na cidade: repetir mandato; o rexedor enxalza a Ferrol en Común como o único representante na cidade da "unidade popular". Ante o nacemento de dúas novas candidaturas xurdidas das entrañas de Ferrol en Común, Jorge Suárez mostra o seu respecto ás decisións que tomen os promotores de Marea de Ferrol e Actúa Ferrol (Esther Leira e Carlos del Río, antigos colaboradores de Suárez); pero cre que a súa saída do proxecto "non ten que ver coa política, senón con intereses persoais".

Doutra banda, defende que será máis doado atopar puntos de encontro co Partido Socialista tendo en conta que a súa antiga socia de goberno, Beatriz Sestayo, non repetirá como candidata do PSOE á Alcaldía da cidade departamental. "É evidente que a ruptura co PSOE, con toda a humildade, está protagonizada por Beatriz Sestayo, que non asumiu o que é o PSOE, que foi a segunda lista máis votada e pretendeu levar unha estratexia de confrontación con Ferrol en Común", aseverou.

REI VARELA

Así mesmo, tachou de "covarde" a actitude do seu predecesor no cargo, o actual conselleiro de Política Social e posible candidato á alcaldía de Ferrol polo PP, José Manuel Rey Varela. "Paréceme unha actitude un pouco covarde, marchar cando perdes as eleccións e volver agora despois de todo o desgaste que tiveron os seus compañeiros neste catro anos. Estivo moi cómodo na Consellería, e agora volver a Ferrol como o gran salvador non creo que sexa unha táctica moi intelixente", ha teorizado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 galegoexiliado

Os restos de Don Francisco Franco, Generalísimo de los Ejércitos y Caudillo de España por la Gracia de Dios deben ser trasladados ó Panteón de Gallegos Ilustres de Santiago de Compostela, e non a unha aldea que renunciou ó título de El Caudillo. A ver si Pablo casado e o seu valido o Sr Nuñez se poñen de acordo e fan unha "traslatio" coma a do Apostolo Santiago.

2 Parga

Ya le gustaría que el cuerpo se enterrase en Ferrol, que no sería pequeño apoyo para la maltrecha economía ferrolana. Por otra parte el cadáver no puede estar en un cementerio, al menos sin tener vigilancia las 24 horas del día junto al sepulcro porque si a la estatua ecuestre la decapitaron ¡qué no harían con el cadáver! Seguramente es lo que busca la izquierda para conjurar la frustración de haber perdido, pero primero tienen que sacarlo del Valle; luego tiene que no volver allí, etc. Por lo demás este chico, agente judicial o similar, de estar tanto tiempo liberado tal vez se olvidó de la irretroactividad de las disposiciones sancionadoras no favorables o restrictivas de derechos individuales; tal vez olvidó lo que es la prevaricación cuando se dicta una resolución injusta privando a una familia de un derecho que se da a los demás; tal vez se olvidó de lo que es el odio ideológico, de lo que al parecer están acusados los reos que asaltaron Meirás.

1 a momia do terror

aquí esta a única aportación do podreiros no Ferrol, o de contruir un mausoleo para o restos da momia de franco, xa están tragando outra vez, xa estamos cargando os galegos con ista desgracia, por que non se deixan de tonerias e queiman a momia, asi remataria coa maldición, queimala e espallala polos ventos e o mellor... o franco tampouco era galego por iso trunfou, en expaña buscan galegos asi traidores e monstruosos como franco, como fraga e como marijuano xente desta categoría baixa e arrastrada, o alcalde despois fala das loitas intestinas de marea e da sua posición entregacionista o pe$oe, a marea xa remata... pode ser incluso que a momia de franco este mais viva ca marea do podreiros - https://www.youtube.com/watch?v=rxZ...