Pontón cre que o congreso do PP evidenciou as fracturas internas dos conservadores

"É decepcionante que a axenda de Pedro Sánchez para Galicia sexa a mesma que a de Rajoy", afirma a líder frontista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2018 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cre que o congreso no que os populares elixiron a Pablo Casado como o seu novo líder desmonta a "idílica" imaxe do PP como un partido "unido". "Ese idílico PP unido só existe nesa especie de posverdade que crea o PP, pero que neste congreso fíxose visible unha división interna maior do que parece", apostilou. Pontón realizou estas declaracións nunha entrevista na Cadena Ser na que asegurou que o PP "sae moi dividido" do proceso interno culminado esta fin de semana; á vez que augura que non será "moi fácil" que os populares "pasen páxina" porque "seguen pendentes casos de corrupción que poden avivar esas diferenzas".

Ana Pontón BNG
Ana Pontón BNG

Fronte a iso, reivindica un BNG que encara as celebracións do Día da Patria, segundo Pontón, "máis unido que nunca" e xa coa vista posta nas próximas citas electorais nas que confía na derrota dun Alberto Núñez Feijóo que ve "aborrecido" de presidir a Xunta. "Estou convencida de que Galicia necesita un cambio ante un Feijóo aburrido, sen proxecto e sen discurso. Hai unha maioría social que demanda un cambio político que se ten que producir si ou si e que ten o seu primeiro paso relevante nas municipais", aseverou.

DÍA DÁ PATRIA

Un ano máis o nacionalismo galego vivirá un Día da Patria Galega con celebracións por separado, no caso do BNG, coa tradicional manifestación que percorre as rúas de Santiago o 25 de xullo para concluír na Praza da Quintana. Con todo, Pontón di que tanto ela como o seu partido non viven "atrapados no pasado nin no resentimento".

"Hai persoas que toman as súas decisións sobre como entenden a política. Eu penso que nunca nos pode mover estar atrapados polo pasado e movernos por resentimento. Temos as portas abertas para todas aquelas persoas que queren construír en positivo e que consideran que é necesario que Galicia teña forzas políticas propias", remarcou. Así mesmo, cuestionada polos problemas internos que atravesa En Marea, Ana Pontón afirma que confía en que sexan capaces de resolvelos. "Cada organización política comete os seus erros, nós aprendemos dos erros cometidos, e desexo con sinceridade que En Marea supere os seus problemas", apostilou.

PEDRO SÁNCHEZ, "DECEPCIONANTE"

Doutra banda, lamentou que a "axenda para Galicia" do actual presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, sexa "a mesma" que a do seu predecesor no cargo, o popular Mariano Rajoy. "É decepcionante", engadiu. A líder frontista tamén se detivo na reunión entre Sánchez e Alberto Núñez Feijóo: "O que máis me sorprendeu é que Feijóo fixese un balance positivo dunha reunión na que non conseguiu nin un só avance para este país, na transferencia da AP-9 sorpréndeme que o PSOE non sexa claro neste caso e asuma as escusas de Rajoy", apuntou.

Así as cousas, cre que "se repite a vella historia" para Galicia, xa que "cambia a cor do goberno en Madrid e non cambian as cousas con Galicia". Con todo, considera que Sánchez ten a oportunidade de demostrar o seu compromiso coa comunidade se activa a vía civil para a recuperación do Pazo de Meirás para titularidade pública. "Espero que sexa posible, preocúpame que nese encontro a Feijoo esquecéselle pór sobre a mesa o Pazo de Meirás, é un símbolo do espolio que se produciu neste país, ten que ter a mesma prioridade que o Val dos Caídos, e eu espero que non pase moito tempo en por sobre a mesa esta demanda", incidiu Ana Pontón, antes de concluír que "se o Goberno do Estado non o fai, a Xunta ten que dar o paso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Vijo

Claro, no como o BNG donde todo funciona a la orden de la UPG.

1 QueMedo!

La UuuuuUUu!

2 Alcaldes-guía

Si la upegá que manda muncho xa se ve como "obedecían" todos os notables, xefiños e baróns que agora andan a paus entre eles nos novos partidos. Parade xa home