Temas: TURISMO INE

O grao de ocupación por prazas dos hoteis galegos foi do 40,7% en xuño

As pernoctacións en establecementos hostaleiros caeron en 50.558 con respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2018 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

As pernoctacións en establecementos hostaleiros de Galicia quedáronse o pasado mes de xuño en 818.318, o que supón unha caída de 50.558 con respecto ao mesmo mes do ano anterior, segundo os datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística.

Evolución do número de viaxeiros aloxados en hoteis galegos. EPDATA
Evolución do número de viaxeiros aloxados en hoteis galegos. EPDATA | Fonte: Europa Press

Esta caída en xuño en Galicia sitúase en liña co descenso do 1,2% que se contabilizou nas pernoctacións no conxunto nacional. Así, de acordo a estes datos, as pernoctacións de viaxeiros residentes en España en establecementos galegos baixaron das 599.923 do ano pasado, ás 580.014 deste mes de xuño, e os establecementos galegos tamén perderon clientes estranxeiros, ao baixar as súas pernoctacións de 268.953 a 238.303.

Respecto ao conxunto do Estado, Galicia acaparou o sexto mes do ano o 5,3% das pernoctacións de residentes en España e o grao de ocupación por prazas foi do 40,7%. A estancia media en Galicia situouse en 1,92 días, lixeiramente superior aos 1,86 días rexistrados no mesmo mes do ano pasado, segundo os datos provisionais de conxuntura turística hostaleira do INE.

Respecto ao número de viaxeiros de Galicia en xuño, situáronse en 425.754, o que tamén supón unha caída respecto dos 466.956 rexistrados o mesmo mes do ano anterior. Destes viaxeiros, segundo os datos do INE, 282.269 eran residentes en España e 143.485 viven no estranxeiro.

Temas: TURISMO INE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta