Villares censura que o PPdeG se sitúe coa "liña máis reaccionaria e xenófoba"

O portavoz parlamentaroi de En Marea reclama para Galicia "unha opción política afastada" da "corrupción" e o "extremismo" do Partido Popular.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2018 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, comparou este luns ao novo presidente do PP, Pablo Casado, co discurso de líderes dos "movementos extremistas e autoritarios europeos" como a Fronte Nacional da familia Le Pen e censurou que o PPdeG se aliñe coa "liña máis reaccionaria e xenófoba" do seu partido.

Luís Villares, este luns. EN MAREA
Luís Villares, este luns. EN MAREA | Fonte: Europa Press

"Con este xiro oficial que dá Casado e que avala Feijóo co respaldo dos seus compromisarios entendemos que o PP inaugura unha nova liña oficial, xa sen máscaras, e deixa de ser o partido central en Galicia", remarcou este luns en rolda de prensa Luís Villares.

Así, o portavoz rupturista cre que a elección de Casado supón "un levantamento de careta" porque "non" se trata dun líder "calquera", xa que, segundo Villares, é un político "autoritario, insolidario, xenófobo e reaccionario", pondo como exemplo a súa postura sobre os refuxiados ou a súa petición de suspender o tratado de libre circulación de persoas nos países membros da UE.

Ademais, o maxistrado lucense aproveitou para facer balance do período de sesións e o que vai de lexislatura. Para Villares, Feijóo foi "un presidente zombie" nos últimos dous anos porque estaba centrado en "os seus propios intereses" e non "nos problemas dos galegos".

"Galicia necesita unha opción política que se ocupe dos problemas reais da xente, que asegure o dereito da xente a chegar a fin de mes e que traballe polas oportunidades que o PP lles nega", incidiu.

Nesta liña, asegurou que Feijóo mostrou "a súa cara máis cínica e indolente" durante a súa xestión da vaga de incendios do pasado outono e afeou que o Goberno galego continúe coa súa "política de recortes nun momento no que a fase alcista do ciclo económico parecía anunciar o contrario".

Así mesmo, tamén se detivo na reforma sanitaria sacada adiante polo PP "que trouxo importantes consecuencias e profundou na deterioración do sistema público de saúde de Galicia"; na "xordeira" de Feijóo ante as mobilizacións sociais que piden a paralización do proxecto mineiro de Touro - O Pino; ou en que os deputados populares apoiasen a continuidade de Milagros Otero á fronte do Valedor do Pobo após a anulación do nomeamento da súa xefa de persoal, efectuada polo TSXG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo7302

Villares, sorprendido por que un partido de derechas elija como presidente a un señor de derechas.

1 dame a manita pepe-lui

que barbaridade agora o xuiz villanías evaluando a política expañolenta do pepeiro, non e mais cun triste eco do podreiro, cargan agora tintas pois andan liados co pe$oe, despois de deixar o gobernó o pepeiro durante dous anos, e ante a caída electoral de Waldo das JONS o coletas de 14 puntos, remudou a cousa... ten o santo cinismo para decir que Galiza necesita un-ha opción bla-bla, bla-bla, GALIZA O QUE NECESITA E SAIR DE EXPAÑA E DAS SUAS COMPARSAS POLITICAS ONDE ANDA METIDO O PODREIROS - https://www.youtube.com/watch?v=_Sd...