Temas: MUXíA PXOM TSXG

Muxía queda sen PXOM por non ter "avaliación ambiental estratéxica" de áreas Rede Natura

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitiu o fallo que atende o recurso dunha particular e declara a nulidade do documento urbanístico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2018 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou o Plan Xeral de Ordenación Municial (PXOM) do municipio coruñés de Muxía por non contar coa "avaliación ambiental estratéxica" de áreas que forman parte da rede de conservación da biodiversidade 'Rede Natura'. O fallo, emitido pola Sección Segunda da Sala do Contencioso Administrativo do TSXG con data de 31 de maio de 2018, atende o recurso dunha particular e declara a nulidade do documento urbanístico por "falta de sometemento a avaliación ambiental estratéxica" de zonas incluídas en Rede Natura.

Muxía (A Coruña). EUROPA PRESS - Archivo
Muxía (A Coruña). EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Así, o tribunal determina que non se xustificou "debidamente a omisión do procedemento ambiental legalmente esixido". Deste xeito, tomba a orde, aprobada en abril de 2016, e obriga a sufragar os custos procesuais ás partes demandadas: o Concello de Muxía e á Consellería de Medio Ambiente que dirixe Beatriz Mato.

Segundo a sentenza, a persona que interpuxo o recurso é propietaria dun terreo situado no núcleo de Morpeguite --termo municipal de Muxía-- cunha superficie catastral de 12.000 metros cadrados. A demandante recorreu o plan xeral porque afectaba á clasificación urbanística dunha parte da leira, cualificada como chan rústico de protección agropecuaria. A anterior PXOM de Muxía recoñecía a parcela como chan de núcleo rural.

Temas: MUXíA PXOM TSXG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta