O Bloque defende o seu proxecto sen carga independentista fronte as mareas "de usar e tirar"

Ante miles de persoas concentradas na Praza da Quintana, Ana Pontón reivindica o carácter republicano do Bloque, critica a nova viraxe do Partido Popular e volve a insistir na transferencia da AP-9 e na recuperación do Pazo de Meirás. A pesar de expresar a súa solidaridade co procés catalán, evitou falar de independencia. Por outra banda, centos de persoas convocadas por Causa Galiza fixeron da independencia o seu principal lema.

Por Alicia Casas | Santiago de Compostela | 25/07/2018 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

Miles de persoas saíron á rúa para celebrar o Día da Patria, o Día da Matria. E fixérono manifestándose dende a Alameda ata a Quintana. Unha Quintana chea de xente, de son de gaitas e cantos que berraban "autoderminación", "sempre en galego", "por unha Galiza ceibe e socialista" ou "poder popular". A marcha do BNG lembraba que cumpría anos, 50 días de patria "e por 50 máis, polo resto da vida". 

Ana Pontón antes de comezar o seu discurso no Día da Patria
Ana Pontón antes de comezar o seu discurso no Día da Patria | Fonte: Galicia Confidencial

E "música da terra que une" para agardar a todo o xentío que ía, pouco a pouco, ateigando a Quintana. Con bandeiras nas que aparecía, de cando en vez, Rosalía. Como tamén o fixeron outros, aqueles que botaron raíces no "fío de dignidade e amor que une a este país". "se Manuel María está, Galicia está". 

O DISCURSO

Era o tempo do discurso político, porque cando á Quintana  xa chegara todo, despois de músicas, reivindicacións e intervencións, era a quenda de Ana Pontón. Cando a voceira do BNG rescataba da memoria o seu primeiro Día da Matria, con 17 anos, cando comprobara que "non eran uns poucos".

"Ninguén pode roubarnos os nosos soños", sinalaba Pontón ao tempo que reivindicaba o dereito de autodeterminación dos pobos e aquelo que o Bloque vén reivindicando: acabar co "secuestro da radio e a televisón pública", unha xustiza feminista porque se "a xustiza se é machista non é xustiza", "a nosa República" porque "Juan Carlos I el Campechano é o principal delincuente do estado español", a transferencia da AP-9, "emprego digno", "salario digno", "traballo en igualdade".

Ana Pontón, no Día da Patria de 2018
Ana Pontón, no Día da Patria de 2018 | Fonte: BNG

A liberación de Jordi Turull, Carme Forcadell e Oriol Junqueras, a desvergoña dunha "xustiza que deixa libres aos membros da manada mentres piden 300 anos de prisión para os 19 de Meirás".  E o feminismo: "síntome moi orgullosa das mulleres traballadoras de Bershka, porque se enfrontaron ao home máis rico do mundo e venceron".

CONTRA AS MAREAS

Así, Pontón erixiu ao Bloque como a "única alternativa real" a este "desgoberno", sinalando que o seu partido era unha "ferramenta ao servizo do país", non como "as organizacións políticas de usar e tirar". Porque, segundo a voceira, as mareas son "aqueles que defenden unha causa en Madrid e outra en Galiza". Que hai que "xerar alternativas propias, non referentes estatais": "pode ser, pode pasar, que a nosa xente se deixe engatusar un tempo coa suposta comodidade da uralita contaminada co amianto do españolismo ou polos adornos da madeira contrachapada con falsos acabados de galeguismo ou nacionalismo".

"Mirade o espectáculo que dan un día si e outro tamén. Teñen enormes enerxías para pelexar entre eles en Galicia, pero quedan sen ánimos para facerse ouvir nas súas centrais madrileñas. Non van vir esas solucións nin ese futuro daqueles que defenden unha cousa en Madrid e declaran o contrario en Galicia", advertiu.

Ademais, sacou peito coa resistencia do Bloque e o seu "futuro moi esperanzador", fronte a esas escisións desde o ano 2012, e proclamou: "Unha vez máis, os que lle vían pouco futuro ao BNG levaron un chasco como esta Catedral".

PP

Ana Pontón tamén cargou no seu discurso contra o "desgoberno" do PP: "dun PP que ocupa o Goberno da Xunta e actúa de xeito rutineiro, sen ideas, sen proxecto, sen perspectiva de futuro mais alá do poder polo poder e da tapar as súas carencias coa propaganda".

As críticas de Pontón centráronse na súa "forma rutineira" de gobernar, "sen ideas, sen proxecto, sen perspectiva de futuro máis aló do poder polo poder". Ademais, deixou un vaticinio: Feijóo estará en Madrid para 2020 "se o PP español ten un horizonte máis despexado", porque insistiu en que o presidente da Xunta e do PPdeG "sempre tivo e ten a cabeza en Madrid", pero non deu a batalla pola sucesión de Mariano Rajoy "porque cheirou o ambiente e púidolle o medo a unha desfeita monumental".

CAUSA GALIZA

Por outra banda, Causa Galiza convocou a algúns centos de persoas na súa manifestación na que os seus dirixentes pediron, sen pudor, a independencia de Galicia "como único caminho". Tras saír da Alameda, a marcha rematou na Praza do Toural onde se leu un manifesto no que se insistía na necesidade de que Galicia sexa independente para acadar avances sociais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

8 VIVA GALIZA NACIONALISTA

envexa que tedes "gusanería" mareante o PPodreiro e expaña por un lado e o nacionalismo ceibe do BNG polo outro, o sabemos sabemos que existen dous lados o lado bo o lado galego, e o lado mao o expañolismo mais atroz e cerril como o de GARGAMEL (o de abaixo) - video mais de 17 mil persoas no mitn do BNG - https://www.youtube.com/watch?v=Bov... - E TAMEN MUSICA BNG - https://www.youtube.com/watch?v=Tdf...

1 Gamela

Hai uns anos éramos 100.000 será que UPG máis que sumar RESTA ? (pero que bonitiño é o video... !)

7 Gamela

O menos que pode facer a representante de 6 deputadas é ter un chisco de modestia política a ver se vai ser o BNG un proxecto de usar e tirar (logo de 50 anos sen facer NADA!) Cunha maioría parlamentaria tan ampla non sei como teñen a pouca vergoña de presentar unha reforma da Lei Electoral Galega EN SOLITARIO! http://www.parlamentodegalicia.es/s... As mareas serán o que queiran pero o BNG coñecémolo sobradamente, para a nosa desgracia a xulgar os resultados acadados neste medio século de Vida Política (ou de vivir da política?) http://www.parlamentodegalicia.es/C... Ana Pontón cubriuse de groria !!! Que é moi distinto de albiscar un alba de groria!!! Amén.

6 Galegus

Impagable foto. Vai colocar Pontona Poltronas unhas banderillas aos fotógrafos ou está a ensinar como se baila unha sardana?

1 Cirigaio

A Pontón derrétese polos touros: modelo Pontevedra de Lores! E a súa segunda paixón, a primeira é menos confesable...

2 Fernando G

Tes razón. En Ponte din os rumorosos que Anita vai de incógnito ás corridas de touros, ben tapada, con lentes de sol, peineta e todo. Pero claro, diso non se pode falar. A verdade que cría que era un bulo, pero vendo esta foto, pode ser

3 Que si tio

Claro loquito a ti te gustan más los trajes castizos de tu amigo louzán no digas mas

5 Xoelho

A Ana Pontón, como líder do BNG, o menos que se lhe pode esixir é que non desprecie o idioma galego cando se pón a falar. Porque incide constatemente en groseiros erros que non se toma a menor molestia en corrixir. Un partido nacionalista ten a máxima responsabilidade en velar pola conservación da lingua e por corrixir os castelanismos que están a destruir o galego, mais isto non é tido en conta polo BNG, non lhe dá a menor importancia.

4 hidratante

¿Sábese se os reos de delicto de odio que asaltaron Meirás pensan ir ao exilio? Os delictos de odio ideolóxico son execrables. Se configuran cando un delicto común, como pode ser un asalto a unha propiedade privada, vai acompañado de lesións ou danos, e penso que os danos ocasionados en Meirás non foron de pouca monta, fálase de miles de euros nas cubertas das torres. Gustaríame saber quen foi o cerebriño de Dereito que lles dixo que non pasaba nada por asaltar Meirás e xerar danos.