Temas: OPOSICIóNS

Seguen as críticas contra as "irregularidades" e "ilegalidades" nas oposicións

A Unión Sindical de Docentes de Galicia (USDG) pide "claridade e transparencia" fronte ás "irregularidades" apoiadas por sentenza xudicial.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/07/2018 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Desde a Unión Sindical de Docentes de Galicia (USDG) seguen reclamando "claridade e transparencia" nos procesos de oposicións que se levan desenvolvendo "en diferentes anos e en anteriores convocatorias". Esixen isto fronte ás "irregularidades e ilegalidades" apoiadas por sentenza xudicial que afectan ás oposicións e ao fío das declaracións do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, sobre a transparencia nestas probas. 

Oposicións do Sergas en Silleda (Pontevedra)
Oposicións do Sergas en Silleda (Pontevedra)

"CHEGABA TARDE ÁS OPOSICIÓNS E SEGUÍA NA LISTA COMO NÚMERO 1"

Na crítica da Unión Sindical engade un exemplo específico destas irregularidades: durante os anos 2010 e 2016 nunha especialidade de FP sucedéronse numerosas queixas dos opositores ante a actitude dun aspirante que "reiteradamente chegaba tarde aos nomeamentos sen xustificación demostrable" e posteriormente seguía permanecendo nas listas de substitutos como "número 1". Tras presentarse os recursos de reposición pertinentes ante a Consellería de Educación, estes "foron desestimados ou obtiveron silencio administrativo", afirma.

Segundo a organización sindical, ante os custos que leva continuar polas canles legais, moitos recorrentes asumiron esta desestimación con "resignación e impotencia". Con todo, unha das persoas decidiu presentar unha denuncia no Xulgado Contencioso Administrativo de Vigo, que, finalmente, resolve: "inexistencia de acreditación suficiente da concorrencia de causa xustificada para a presentación tardía ao chamamento das oposicións e a non realización dos exames, polo cal o denunciado debeu ser excluído das listas". 

Á vista desta sentenza, a USDG afirma con probas que se "producen irregularidades e ilegalidades nos procesos de consurso-oposición, ademais de manipulación e ocultación de datos por parte da Consellería, cando ten o deber de mostrar transparencia e garantir os dereitos das persoas". As consecuencias deste tipo de accións, comenta a organización, son o "medo dos aspirantes a reclamar o que é xusto por lei" e, ademais, implica "xogar coa situación laboral, económica, familiar e de saúde" debido ao proceso "duro e tedioso" polo que se pasa ata chegar a unha sentenza xusta. 

Temas: OPOSICIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta