Temas: CURTIS BIOMASA

50 millóns de euros de investimento para unha planta de biomasa en Curtis

O Banco Europeo de Investimentos (BEI) achegou o empréstito a unha filial de Greenalia S.A. para pór en marcha unha planta de xeración de enerxía eléctrica a partir de biomasa no concello de Curtis, prevista para o ano 2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2018 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

En concreto, segundo informou o BEI nun comunicado, trátase dunha parcela de 103.000 metros cadrados que acollerá unhas instalacións que xerarán 324 xigavatios por hora ao ano a partir de residuos forestais recollidos nun radio de 100 quilómetros. O financiamento tamén correrá a cargo doutras entidades financeiras, que prestarán outros 50 millóns de euros para unhas instalacións que terán unha capacidade de aproximadamente 50 megavatios.

Casa do Concello de Curtis, en Teixeiro
Casa do Concello de Curtis, en Teixeiro | Fonte: Wikipedia

A planta utilizará case 500.000 toneladas de biomasa forestal por ano, de modo que o proxecto "contribuirá ao mantemento dos bosques da zona e á prevención de incendios", segundo o BEI. Ademais, o Banco destaca os "beneficios económicos e sociais", xa que a central permitiu contratar a 400 persoas e, unha vez en marcha, creará 35 postos de traballo permanentes e ao redor doutros 100 indirectos.

Temas: CURTIS BIOMASA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 contra comunismo e miseria

non me soa o de residuos forestais, sinon plantacions de eucaliptos, mais e mais eucaliptos polo monte, o que xa non entendo e porque non son bidos, deberían ter metido bidueiras e non un-ha especie bioinvasora, tamen a xesta e de australias, esta todo feito un trapo os montes, todo destruido, GALIZA esta sendo destruida polas alimañas de expaña, miren o CO.CO$$ DE ENCE, (izquierda la unitaria) e decir podreiros están a favor de continuar la ilegalidade de ence-elnosa, rematou a concesión meus amigos, estades en franca delincuencia, e nunca mellor dito O ALCALDABLE DE FERROL (mareados) anda a mirar de como construir un mausoleo a momia de Franco, aquí esta o que fan os comunistas expañolentos, meter ence, meter o franco e sacar o tren vion o chamado AVE... e non saben mais pero e asi non e como din de residuos forestais SINON DE METER MAIS E MAIS PLANTACIONS DE EUCALIPTOS POLOS MONTES E PARA ISO SACARAN AS PROPIEDADES O POBO GALEGO A XENTE VANCHE ROUBAR AS FINCAS